A primeira mostra itinerante de cine español dirixido por mulleres, organizada polo Instituto da Muller do Ministerio de Igualdade chega á cidade da muralla tralo seu paso por Benidorm. As proxeccións levaranse a cabo ata o 21 de outubro no Centro de Convivencia Maruja Mallo (Carril das Hortas s/n) ás 20.00 horas en sesións con entrada gratuíta ata completar o aforo da sala.

O ciclo, baixo o titulo “Mulleres de Cine”, abriuse onte co pase de Retorno a Hansala, de Chus Gutiérrez. Hoxe, martes día 19 exhibirase El niño pez, de Lucía Puenzo; mañá mércores 20, Tres días con la familia de Mar Coll; e o xoves día 21 de outubro, o documental La luna en ti, de Diana Fabianova.