A ESCOLA DE TEATRO E DANZA ESPAZOABERTO ORGANIZA UN CURSO INTENSIVO DE INICIACIÓN AO CLOWN

24 / 11 / 2010

A Escola de Teatro e Danza Espazoaberto vén de facer público que do vindeiro 13 ao 17 de decembro vaise a impartir un curso intensivo de iniciación ao Clown, impartido por Petra Hofmann co apoio de Paco González. A actividade formativa terá unha duración de 15 horas, con horario de 10 a 13 horas, e o prazo de matrícula estará aberto até o vindeiro día 9 de decembro ou até que se complete o aforo. Os interesados poden obter máis información en www.espazoaberto.net/gl/formacion-actoral/clown.

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: