A COPRODUCIÓN DE FILMANOVA INVEST «PROYECTO DOS» NA SECCIÓN OFICIAL DA 11ª EDICIÓN DO FESTIVAL DE CINE DE MÁLAGA

24 / 03 / 2008

A opera prima do realizador Guillermo Groizard é un thriller sobre a clonación humana protagonizado por Lucía Jiménez e Adriá Collado coa colaboración especial de José María Pou
“Proyecto DOS” é a historia de Diego Durand (Adriá Collado). Diego leva unha vida rutinaria e feliz xunto a súa muller Susan (Lucia Jiménez) e o fillo de ambos, Mateo. De xeito casual presencia un accidente no que morre un home idéntico a él. Convencido de que se trata do seu irmán xemelgo ao que nunca coñeceu, Diego decide investigar acerca da súa orixe con resultados sorprendentes.

A cinta optará á Biznaga de Oro á mellor película e ten previsto o seu pase o día 8 de abril. O festival celebra a súa 11ª edición entre o 4 e o 11 do mesmo mes.

A película, rodada en La Rioja, Madrid e Londres, é unha coprodución hispano-británica entre Filmanova Invest, Killerpic Limited, Rioja Audiovisuales, Taznia Media ,Infinity Films e Nada Music.

A distribución en España corre a cargo de Buenavista e está prevista a súa estrea en salas comerciáis o 25 de abril 2008

Categoría: Noticias
Etiquetas: