XOSÉ BOCIXA PRESENTA O DOCUMENTAL SOBRE «A NOSA TERRA» NO CGAI

11 / 06 / 2009

O Centro Galego de Artes da Imaxe presenta mañá venres día 12 de xuño (23.00 horas) o documental sobre a publicación “A Nosa Terra” A NOSA TERRA 1907-2007 (2008), dirixido por Xosé Bocixa. O propio Bocixa presentará a película e terá un coloquio co público ao rematar a proxección. A entrada é gratuíta.


A NOSA TERRA 1907-2007    

(España, 2008)

Dirección e guión: Xosé Bocixa. Produción: IB Cinema coa participación da TVG. Fotografía: Justo Guisasola. Duración: 53 minutos.

Con motivo do centenario da célebre publicación galega e asesorados polo experto Enrique Acuña, unha minuciosa aproximación á historia d´A Nosa Terra dirixida por Xosé Bocixa, director do certeiro documental As Encrobas (2007).

Categoría: Noticias
Etiquetas: