XI XORNADAS “MOSTRA DE CURTAMETRAXES” NO ATENEO FERROLÁN

27 / 10 / 2011

Os días 21, 22 e 23 de decembro de 2011, levaranse a cabo ás  XI Xornadas “Mostra de Curtametraxes”, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral. Por mor da execución das obras de rehabilitación do edificio do Ateneo Ferrolán, o Concello de Ferrol por medio da Concellería de Cultura ubica neste espazo do Centro Cultural “Torrente Ballester” para poder levar adiante as Xornadas de Curtametraxes.

Como lembranza do que foron estas xornadas ao longo destes once anos de andadura dicir que na programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional.

Nestes días amosaranse curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.

O obxectivo é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.

Faise un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, acheguen os seus traballos de menos de 30’ en formato DVD, preferentemente en lingua galega acompañado da ficha cumprimentada antes do día 11 de novembro para poder engadilos ao programa deste ano.

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: