I XORNADAS DE DOBRAXE NA ESAD

23 / 01 / 2014

Mañá, venres 24 de xaneiro ás 12.00h terá lugar unha rolda de prensa de presentación das I Xornadas de Dobraxe na ESAD, que se celebrarán o 29 e 30 de xaneiro na escola.

A dobraxe é unha profesión especializada que ten unha relación evidente coa interpretación, en tanto o actor de dobraxe fai uso de recursos como a dicción e a expresión oral, pero tamén debe interpretar un personaxe, aquel ao que lle pon voz. A dobraxe tamén é unha profesión complexa, na que interveñen, coma no teatro, un conxunto amplo de profesionais moi especializados que contribúen a esa proceso de posta en escena da voz e da palabra, sendo neste caso a escena un espazo sonoro que pode ter moi diversas formas. Con estas xornadas APRADOGA e a ESAD de Galicia inician unha xeira de colaboracións coa finalidade de promover todo tipo de iniciativas orientadas á mellora e desenvolvemento de campos profesionais comúns.

Entrada gratuíta para todo o público.

Para poder participar nestas xornadas débese enviar un correo co asunto «I Xornadas de Dobraxe» a esad.galicia@edu.xunta.es xunto coa folla de solicitude (Descargar >>).

29 Xaneiro

16:30 h. · Inauguración
17:00 h. · Presentando a profesión (I)
Modera: Xosé Antón RUBAL (Actor e director de dobraxe)
Relatores:
   Charo PENA (Actriz e directora de dobraxe): Proceso de elaboración: do orixinal á emisión.
   Xerardo COUTO (Actor e director de dobraxe): Tradución audiovisual: Perspectiva Histórica.
   Pablo CALVO (Actor de dobraxe e profesor da ESAD): Ferramentas Interpretativas na dobraxe.
   Luís IGLESIA (Actor de teatro, audiovisual e dobraxe): Fundamentos técnicos da interpretación: a voz e o idioma.
19:00 h. · Coloquio

30 Xaneiro

16:30 h. · Presentando a profesión (II)
Modera: Carlos JIMÉNEZ (Locutor e actor de dobraxe)
Participantes:
   Antonio MOURELOS (Actor e director de dobraxe e audiovisual. Presidente da Academia galega do Audiovisual: A dobraxe como instrumento audiovisual.
   Tere Santamaría (Actriz de dobraxe): Peculiaridades da dobraxe de animación.
   Javier Valdés (Actor e director de dobraxe): O actor ante o atril: recursos e intuición.
   Tacho González (Actor e director de dobraxe e audiovisual): O actor ante o atril.
18:30 h. · Coloquio
19:00 h. · A praxe en directo
20:00 h. · Conclusións e clausura

Categoría: Noticias
Etiquetas: