XORNADA INFORMATIVA SOBRE EUROPA CREATIVA, SUBPROGRAMA CULTURA, NA CIDADE DA CULTURA

8 / 01 / 2014

Europa Creativa é o novo programa de financiamento da UE para o período 2014-2020 destinado a impulsar todos os sectores das industrias culturais e creativas. Será o programa que lles preste apoio aos profesionais europeos que traballan nos diferentes ámbitos da cultura e dos sectores afíns. Entrou en vigor o pasado 1 de xaneiro de 2014.

Esta xornada que terá lugar o venres 17 de xaneiro de 9.30 a 14h na Cidade da Cultura en Compostela, está orientada a todos os perfís profesionais do sector cultural, empresas, organismos e entidades tanto públicas como privadas -administracións públicas, fundacións, asociacións, empresas, consultoras e produtoras culturais- que estean interesadas en coñecer o novo marco de financiamento europeo.

O obxectivo das xornadas é ofrecer información específica sobre as características do programa e as súas liñas de subvención.

Programa:

09.30 h            Rexistro dos participantes

10.00 h            Acto de apertura

10.15 h            Programa Europa Creativa 2014-2020, Subprograma Cultura

Augusto Paramio

Responsable do Punto de Contacto Cultural,

Ministerio de Educación, Cultura y Deporte 

11.30 h            Servizo de información europea da Secretaría Xeral de Cultura

Mar Nogueira

Técnica de Asuntos Culturais Europeos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

12.00 h            Pausa

12.30 h            Mesa redonda sobre boas prácticas na cooperación cultural europea

Eva Mejuto

                                   OQO Editora  

Xulio Gómez

European Acoustic Heritage 

Irene García García
Xosé A. Neira Cruz

Proxecto campUSCulturae   

14.00 h            Clausura

A inscrición é gratuíta ata completar o auditorio. Envíe a cultura.galicia.europa@xunta.es os seus datos:

·         Apelidos e nome                                                                              

·         DNI

·         Profesión

·         Entidade

·         Teléfono                                                                                        

·         Enderezo electrónico 

Recibirá confirmación da inscrición a través do seu enderezo electrónico.

Máis información en: https://www.cidadedacultura.org/gl/evento/europa-creativa

Categoría: Noticias
Etiquetas: