XESÚS VÁZQUEZ ABAD SEGUE COMO CONSELLEIRO DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DA XUNTA

4 / 12 / 2012

Xesús Vázquez Abad mantense á fronte da consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia no executivo de Alberto Núñez Feijoo para a nova lexislatura.

O goberno consta de oito consellerías, cuxos responsables tomaron posesión dos seus cargos onte, 3 de decembro. No organigrama destacan a incorporación de Francisco Conde como conselleiro de Economía e Industria, e o nomeamento de Alfonso Roda como vicepresidente, ademais de conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Xesús Vázquez Abad asumiu as competencias de Cultura en xaneiro de 2012, trala desaparición da consellería de Cultura e Turismo que comandaba Roberto Varela, que repartiu as súas competencias entre outros departamentos. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, creada entón, mantense inalterada no executivo galego de face á nova lexislatura que agora comeza. Vázquez Abad, nacido en 1967, estudou Ciencias Económicas e Empresarias na Universidade de Santiago e se doutorou en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Vigo. Profesor titor da UNED en Ourense, e ex-decano da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense, Vázquez Abad foi deputado no Congreso dos Deputados e Portavoz Nacional do PP de Universidades.

Categoría: Noticias
Etiquetas: