O Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) destapa, á fin, o seu cartel. Unha imaxe protagonizada por un dezasete xigante (correspondente á edición deste ano) sostido por mans que simbolizan o apoio recibido polo público da cidade ao longo de todo o ano. O “destape” do cartel vén precedido dunha campaña de imaxes de mans repartidas ao longo da cidade, mans de ourensáns que quixeron, desinteresadamente, prestar a súa imaxe para o 17OUFF. Tras o cartel está a ‘man’ do fotógrafo Daniel Gallego e do departamento de Imaxe e Gráfica do OUFF.

Filosofía do cartel
No 2011 apelábamos directamente ao público e lle dicíamos: adiante, dá o paso, TÓCACHE! E o público deu ese paso: Nos peores momentos de 2012, cando as únicas aparicións do OUFF na prensa eran por motivos completamente alleos aos cinematográficos, a xente deu un paso adiante e apoiou a celebración do Festival en Ourense. Fíxoo, sobre todo, apostando por unha programación de cine non comercial, ateigando as salas durante os ciclos do +CINE. Pero tamén o fixo, e cómpre dicilo, de palabra: manifestándonos o seu apoio e a súa solidariedade, pero tamén demandando e esixindo un espazo para o cine de calidade. Agardemos que, do 2 a o 11 de novembro, o público siga sendo fiel á cita cultural máis internacional da cidade
.

Podedes ver o cartel premendo no seguinte enlace: www.ouff.org/web/index.php/component/option,com_docman/task,doc_download/gid,228/Itemid,101/lang,spanish/