La Voz Dormida, a agardada nova película de Benito Zambrano, nomeada entre a terna de películas elixidas pola Academia do Cine para representar a España na vindeira edición dos Oscar de Hollywood e nos Ariel da Academia de México, así como integrante das esixentes seccións oficiais dos festivais de Donostia – San Sebastián e de Londres, será a encargada de inaugurar o 16 Festival de Cine Internacional de Ourense. Logo de meses de conversas, as negociacións con Maestranza Films e Mirada Sur, produtoras da cinta (distribuida por Warner), chegaron a bo termo. Así, Ourense terá a oportunidade de asistir á estrea da película e compartila cos seus protagonistas unha semana antes de que se estree oficialmente en todo o estado.

A película de inauguración proxectarase o 14 de outubro de 2011, e a asistencia será con invitación.