VOZ AUDIOVISUAL INAUGURA A SÚA ESCOLA DE GUIÓN E INTERPRETACIÓN

6 / 02 / 2012

Corenta alumnos de moi distintas procedencias xeográficas iniciaron onte los cursos de Guión e Interpretación de Voz Audiovisual. Trátase da primeira promoción da nova escola posta en marcha pola produtora audiovisual da Corporación Voz de Galicia, creadora dos principais éxitos da ficción galega. Nas instalacións de A Grela, en A Coruña, os alumnos seleccionados tras un proceso personalizado de cásting seguirán dende esta semana un intenso programa de formación que finalizará a finais do vindeiro mes de xuño.

En palabras do director de Voz Audiovisual, Carlos Carballo, trátase de “potenciar ó máximo as posibilidades dunha empresa de produción audiovisual que é referente en Galicia e no resto de España, de maneira que a experiencia acumulada durante anos pola nosa compañía e os nosos profesionais sirva para formar da maneira máis práctica e eficaz aos futuros protagonistas desta industria”.

As clases terán lugar nas propias instalacións e platós nos que se gravan programas e series de éxito, como Padre Casares ou Matalobos, e todas elas serán impartidas por recoñecidos profesionais en activo, tanto no terreo da interpretación como da guionización.

Foi precisamente nun dos platós da produtora onde tivo lugar onte o acto inaugural, que contou coa presenza do plantel de profesores –entre os que se encontraban numerosas caras coñecidas dos telespectadores- e de representantes da industria, como os presidentes do Cluster Audiovisual galego e da Academia Galega do Audiovisual.

Ambos cursos, que están fundamentalmente enfocados ó medio televisivo,  comprenden ademais determinados módulos de formación audiovisual complementaria nos que colaborarán como docentes profesionais da iluminación e a realización, a edición de imaxe e son aplicado á ficción televisiva, o atrezzo e os decorados, a produción, o cásting, etc.

A Escola de guión e interpretación de Voz Audiovisual inclúe ademais no seu programa obradoiros para a creación de proxectos de ficción seriada, así como a realización dun vídeo-book de cada un dos actores e actrices do curso.

En poucas semanas a produtora comezará o proceso de selección de alumnos para a segunda promoción de ambos cursos, que iniciarán as súas sesións no próximo mes de setembro e cuxo programa se pode consultar en www.vozaudiovisual.com ou a través del teléfono 981 180 100.

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: