VOZ AUDIOVISUAL BUSCA FIGURANTES PARA A SERIE «MATALOBOS»

25 / 10 / 2010

O equipo de Matalobos continúa traballando na nova tempada da serie, que chegará á Televisión de Galicia no primeiro trimestre do 2011. Nesta nova etapa, a serie contará con novos personaxes e unha chea de sorpresas. A produtora, Voz Audiovisual, busca persoas de todos os perfís para colaborar como figurantes. Se quere converterse nun veciño de Sardiñeira ou traballar para o clan máis famoso da TVG, esta é a súa oportunidade.

Voz Audiovisual celebrará un gran cásting, para todo tipo de persoas. Altos, baixos, novos ou maiores; toda aquela persoa que teña interese por participar pode achegarse a esta gran selección. Búscase xente con e sen experiencia, de todas as idades e complexións físicas, aínda que tamén se valorarán os seguintes perfís:

· Homes e mulleres de orixe ou trazos suramericanos.
· Xente que practique artes marciais ou deportes de risco, incluídos os amantes dos deportes de motor.

O  cásting de figuración celebrarase o martes 26 de outubro  en Voz Audiovisual, na Rúa *Gambrinus, 97, polígono A Grela, A Coruña; en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. Para presentarse á selección non é necesario chamar antes, basta con acudir á cita e estar en situación de poder ser contratado.

Os interesados que non poidan acudir á cita dispoñen dunha dirección de correo electrónico para enviar os seus datos e fotos: raquel.pardo@vozaudiovisual.com. Para calquera dúbida, poden chamar ao teléfono 619.312.440.

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: