“Vivir para siempre”, de Formato Producciones, gaña o premio do xurado da 29 edición do Festival Internacional de Cine de Chicago. O xurado destacou a implicación da película co “tratamento dos valores humanos”. É o décimo premio internacional que recibe a película.

Debido a este grande recoñecemento en festivais de todo o mundo la película de Formato Producciones estrearase en abril de 2013 en Estados Unidos para o gran público, da man da distribuidora americana World Wide Motion Pictures, o que supón para a película o espaldarazo definitivo para o seu grande éxito internacional.
 
“Vivir para siempre” colleitou xa premios en festivais de todo o mundo, destacando o premio á mellor película no Festival de Toledo, premio á mellor película no Festival Internacional de Burdeos, mellor película na XLI edición do festival de Giffoni e a II edición do festival de Fiuggi,  a mención especial do xurado no festival de Frankfurt, gañou tamén o festival de Hamburgo, Premio do público del Heartland Film Festival de Indianapolis, o Festival de Greenville (South Carolina) e o premio do xurado no Festival Internacional de Tallin, Estonia.
 
“Vivir para siempre”, producido por Formato Producciones é a segunda longametraxe de Gustavo Ron logo de “Mía Sarah”.