Víctor López, director xeral e socio fundador de Vodka Capital, impartirá o vindeiro venres 22 de novembro un módulo sobre novos media e os modelos de financiamento no Máster en Produción e Xestión Audiovisual, título propio da Universidade da Coruña que organiza a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.

O director xeral de Vodka Capital, que é ademais un dos creadores de Pocoyó, falará de proxectos transmedia que rompen ca estrutura convencional de creación, produción e distribución a través do caso de Bugsted, o seu proxecto multiplataforma.

Asimesmo, amosará aos alumnos as diferentes ventás de explotación dos contidos audiovisuais; e analizará o fenómeno do Brand Entertainment, sistema publicitario da televisión dixital, a telefonía móvil e os videoxogos onde a propia marca crea contido.

López foi socio fundador de varias empresas do sector audiovisual e productoras de espazos de entretemento, como Zinkia Entertainment e Secuoya. Dende 2008 é director xeral de Vodka Capital, compañía adicada a identificar, financiar e xestionar marcas de entretenento en series de televisión, películas de cine, videoxogos, etc. As series de televisión Jelly Jamm e Faster, marca persoal de Fernando Alonso, son algúns dos productos xerados por esta empresa.