Dun tempo a esta parte o Consorcio Audiovisual de Galicia ven colaborando con Variety, unha das revistas do eido audiovisual máis importantes internacionalmente. Co gallo da presenza do Consorcio Audiovisual de Galicia no Sales Office da 56 edición do Festival Internacional de Cine de San Sebastián, vaise publicar no Variety do 22 de setembro o Especial Anual sobre Galicia.

Os eixes sobre os que versará a reportaxe serán:

– Iniciativas de segunda fase que se están a realizar en Galicia
– Forxar novos eixes de co-produción
– San Sebastián Parade: os proxectos e producións galegas que estarán presentes na 56 edición do Festival de San Sebastián.

As produtoras que estean interesadas en participar neste especial poden contactar con:

John Hopewell – Director, España
varietyespana@hotmail.com
tel. +34 91 383 86 71
fax:+34 91 766 13 56
móbil: +34 670 766 722

María Álvarez Rilla – Advertising Manager
Skype: maria.alvarez.rilla
maria@alvarezrilla.com
tel. +34 985 09 71 47
móbil: +34 655 831 173

A data límite para reservar espazo é o 5 de setembro de 2008; e a data límite de entrega de materiais o 10 de setembro de 2008.