ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NAS MATERCLASSES DO FORO ACADEMIA ABERTA 2011

16 / 12 / 2011

Son os últimos días para inscribirse nas masterclasses de Eduardo Chapero-Jackson e Nacho Vigalondo que terán lugar os vindeiros mércores 21 e xoves 22 de decembro, respectivamente, de 16.00 a 20.00h, no auditorio da Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela

As masterclasses van dirixidas a profesionais aínda que tamén poderán asistir alumnos e público en xeral interesado.

A cota de inscrición para profesionais é de 30 euros polas dúas sesións e 20 euros por unha soa. No caso de estudantes as cotas serán, respectivamente, de 15 e 10 euros. O acceso aos académicos/as é totalmente gratuíto, se ben será necesario que nos envíen igualmente a folla de inscrición cuberta, pois a prazas son limitadas e cubriranse por estrita orde de chegada dos formularios. No caso de ter que facer o ingreso bancario, é necesario que nos enviedes o xustificante de pago para confirmar a vosa praza. Para recibir o diploma de asistencia será imprescindible asinar nos listados que a Academia porá a disposición de todos.

Para máis información e acceso á folla de inscrición, consultade  na columna da esquerda Actividades> Foro Academia Aberta 11.

Categoría: Noticias
Etiquetas: