A TV MOVIE “OUTRO MAIS” DIRIXIDA POR RICARDO LLOVO ESTREARASE EN CINEUROPA

8 / 11 / 2011

O telefilme producido por Filmanova para TVG, presentarase o vindeiro luns 14 de novembro ás 20:15h no Teatro Principal en Santiago, no marco do XXV Festival Cineuropa.

Outro Mais a tv movie dirixida por Ricardo Llovo, trata sobre o que acontece nun pobo da costa galega, cando unha marea negra afecta o seu medio de vida e as relacións entre os seus veciños.

Durante seis semanas o equipo de rodaxe integrado por vinte actores  e mais de corenta técnicos, deu vida á historia que transcorreu nas localizacións coruñesas de Arteixo, A Laracha, Carballo, Oleiros ou Narón.

No elenco artístico destaca a presenza de coñecidos actores e actrices galegos como María Vázquez, Fran Peleteiro, Marta Larralde, Federico Pérez, Dorotea Bárcena, Manuel Botana, Carolina Vázquez, Victor Duplá, César Cambeiro, Maria Mera ou Toñito de Poi.

Esta película para televisión, enmarcase no xénero de dramedia, cunha duración de 80 minutos foi gravada en alta definición dende o 1 de marzo ata o sete de abril de 2011.

Outro Máis supón a continuidade de Filmanova na produción de cine para televisión despois de Secuestrados en Georgia, dirixida por Gustavo Balza para TVG e T5, Fragments dirixida por Judith Colell para TVG e TV3, Diario de un Skin, dirixida por Jacobo Rispa e  producida para Telecinco e Fútbol de Alterne dirixida por Alber Ponte para TVG.

Categoría: Noticias
Etiquetas: