O Consorcio Audiovisual de Galicia, xunto coa Agência Nacional do Cinema do Brasil (ANCINE) e o programa Cinema do Brasil ten previsto organizar o 3º Encontro Audiovisual Galicia-Brasil na cidade de Salvador de Bahía o vindeiro mes de marzo de 2009.
Con esta acción, preténdese dar continuidade e consolidar o interese acadado nas edicións anteriores celebradas en São Paulo (marzo de 2007) e na Coruña (xuño de 2008), que contaron coa participación dunha trintena de produtoras, así como representantes dos colectivos audiovisuais de ambos os dous territorios.
Durante este evento anunciarase a publicación da Orden do 2º Fondo de Coprodución Galicia-Brasil que, como novidade nesta convocatoria, incorporará unha axuda a un proxecto documental, ademais dos xa existentes para dúas longametraxes de ficción e animación.
O evento constará, ademais, da 2ª Mostra de Cine Galego e un Encontro entre produtores galegos e brasileiros.
En breve comunicarase tanto o contido da Mostra coma o nome, historial e proxectos das produtoras brasileiras que participarán.
Para participar no Encontro entre produtores galegos e brasileiros compre presentar antes do 26 de xaneiro polo menos un proxecto de interese comercial con Brasil.
A participación será avaliada en base aos seguintes criterios:
Posuír un proxecto audiovisual en co-produción con Brasil ou na búsqueda de co-produción con este país.
Ter un proxecto en desenvolvemento en fase de procura de financiamento ou distribución.
Máis información:
Consorcio Audiovisual de Galicia
Tfn: +34 981 957 182
email: proxectos@consorcioaudiovisualdegalicia.org
www.consorcioaudiovisualdegalicia.org