TALLERES DE TEATRO DA COMPAÑÍA SAN&SAN

6 / 10 / 2008

A compañía San&San organiza de outubro a xuño diversos obradoiros de teatro que terán lugar os luns, martes e mércores de 20:30 a 22:30 horas.
Programa

Luns: xogo dramático, presencia escénica, clown, creación de personaxes e improvisación. Imparte: Carlos Sante.

Martes: teatro de movemento, pantomima, cine mudo, bufón. Imparte: Gonzalo Guerreiro.

Mércores: teatro físico, máscara neutra, máscara de personaxe, loita escénica, commedia dell’arte. Imparte: Pablo Sánchez.

As clases comezan o 13 de outubro. Poderase escoller entre os diversos módulos. Ao longo do curso haberá clases especiais de interpretación, teoría teatral, voz, acrobacia, esgrima, ioga acrobático, malabares, actuación ante a cámara, cabaré e máis. En xuño farase unha mostra de fin de curso no FORUM:

Información e matrículas: 657 010 674 / 630 693 148

Categoría: Noticias
Etiquetas: