TALLER DE DEREITO AUDIOVISUAL

19 / 05 / 2005

A Academia Galega do Audiovisual, co apoio e colaboración do Consorcio Audiovisual de Galicia, Colexio de Avogados de A Coruña, Caixanova, Fundación Aisge, Fundación Sgae e o Concello de A Coruña, organizou un TALLER DE DEREITO AUDIOVISUAL para o vindeiro mes de xuño na cidade de A Coruña.

O obxectivo deste taller é coñecer e manexar todos os contratos que se desprenden dunha obra audiovisual, ben sexa cinematográfica ou televisiva; coprodución, contratación de personal técnico artístico, vendas de dereitos, etc., nas súas vertentes nacional e internacional, ademais da relación laboral dos técnicos e profesionais (dereitos e obrigas como traballador)

A inscrición será válida no momento en que recibamos na oficina da Academia, ben por fax (981 22 77 01), ben por mail (info@academiagalegadoaudiovisual.gal ), o formulario de inscrición xunto co resgardo de haber feito o pagamento da matrícula correspondente (Caixanova: 2080 0210 14 0040003383).

Se queres saber máis sobre este taller PREME AQUÍ.

Categoría: Noticias
Etiquetas: