SESIÓNS NEGRAS E CRIMINAIS NO CINECLUBE PADRE FEIJOO

25 / 11 / 2013

Despois do amor… chega o odio. Do 27 de novembro ao 18 de decembro de 2013, o Cineclube Padre Feijoo mergulla os primarios instintos na violencia, o crime… e o humor negro, con trhillers contemporáneos de Francia, Suecia, Estados Unidos e Corea do Sur. As sesión serán na Biblioteca Pública Nodal ás 18, 20.30 e 23h. E de seguido, reflítese a proposta dos filmes que compoñen este ciclo de cinema «Negro e Criminal salientando que non son recomendables para menores de dezaseis anos.


27 de novembro

Título: «Ne le dis à personne» · No se lo digas a nadie
(Non llo digas a ninguén)
Ano: 2006
País: Francia
Director: Guillaume Canet [+ Info]
Guionistas: Guillaume Canet e Philippe Lefebvre
Música: Mathieu Chédid
Fotografía: Christophe Offenstein
Reparto: François Cluzet, André Dussollier, Marie-Josée Croze, Kristin Scott Thomas
Duración: 125 min.
Productora: Les Productions du Trésor | EuropaCorp Distribution | M6 Films
Distribuidora: A Contracorriente Films | Baños Films
Exhibición: Dixital SD · Cor · Ratio 2.35:1 · DTS
Idiomas: francés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Margot, a muller de Alex, foi brutalmente asasinada por un psicópata. Incapaz de recuperarse da perda, o seu marido non deixa de recordala nin por un momento. Un día, oito anos despois, recibe un email, no que aparece unha imaxe; é a súa muller en tempo real.

Premios e mencións:
2006 · Premios Cesar: 4 premios, mellor director, actor, música e montaxe (9 nominacións).

 

4 de decembro

Título: «Snabba Cash» · Dinero fácil
(Diñeiro fácil)
Ano: 2010
País: Suecia
Director: Daniel Espinosa [+ Info]
Guión: Maria Karlsson
Música: Jon Ekstrand
Fotografía: Aril Wretblad
Reparto: Joel Kinnaman, Joel Kinnaman, Matias Padin, Dragomir Mrsic
Duración: 124 min.
Productora: Tre Vänner Produktion AB
Distribuidora: A Contracorriente Films | Baños Films
Exhibición: Dixital HD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idiomas: sueco, serbio, castelán, alemán e croata · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Os baixos fondos de Estocolmo son un sumidoiro ao que van todos os refugallos da sociedade sueca. Todos queren defender o seu territorio e lucrarse a calquera prezo. A enigmática desaparición dunha muller, será o nexo de unión de tres criminais cun obxectivo común: vingarse do gran capo Radovan. Jorge, JW e Mrado forman parte da fisonomía dos baixos fondos de Estocolmo.

Premios e mencións:
2010 · Premios Guldbagge (Suecia): Mellor actor (Joel Kinnaman) e fotografía

 

11 de decembro

Título: «Seven Psychopaths» · Siete psicópatas
(Sete psicópatas)
Ano: 2012
País: Reino Unido
Director: Martin McDonagh [+ Info]
Guión: Martin McDonagh
Música: Carter Burwell
Fotografía: Ben Davis
Reparto: Colin Farrell, Sam Rockwell, Christopher Walken, Woody Harrelson, Tom Waits, Abbie Cornish, Olga Kurylenko, Harry Dean Stanton
Duración: 109 min.
Productora: Blueprint Pictures | Film4 | HanWay Films (coproducción Reino Unido—EE.UU)
Distribuidora: Vértigo Films
Exhibición: Dixital SD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital SDDS
Idiomas: inglés e vietnamita · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Un guionista (Colin Farrell) busca a inspiración para o seu próximo traballo, no que dous excéntricos amigos (Sam Rockwell e Christopher Walken) planean secuestrar a un can. O asunto complícase cando o animal de compañía dun mafioso desaparece.

Premios e mencións:
2012 · Festival de Toronto: Mellor película sección «Midnight Madness» (premio do público)

 

18 de decembro

Título: «Ajeossi» · —The Man from Nowhere |This Man—Un Hombre sin pasado
(O Home sen pasado)
Ano: 2010
País: Corea do Sur
Director: Lee Jeong-Beom [+ Info]
Guión: Lee Jeong-Beom
Música: Shim Hyun-Jeong
Fotografía: Lee Tae-Yoon
Reparto: Won Bin, Kim Sae-Ron, Kim Tae-Hoon, Kim Hee-Won
Duración: 119 min.
Productora: Cinema Service
Distribuidora: Mediatres Estudio SL.
Exhibición: Dixital HD Br · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idioma: Coreano · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Kyung-chul é un psicópata perigoso que mata por placer e que cometeu varios asasinatos cuns métodos diabólicos difíciles de imaxinar. As súas vítimas son rapaza novas. A policía leva tempo intentando capturalo. Un día, aparece asasinada a filla dun xefe de policía retirado. O mozo da rapaza, un axente secreto, xura vinganza.

Premios e mencións:
2012 · Festival de Toronto: Mellor película sección «Midnight Madness» (premio do público)

 

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: