Dentro do ciclo Off Galicia que organiza o Centro Galego de Artes da Imaxe –CGAI, a Academia Galega do Audiovisual proxectara algunhas das obras ganadoras na pasada edicion dos Premios do Audiovisual Galego Mestre Mateo. Cada unha das proxeccions previstas contara coa presenza dun ou varios representantes da producion, que participaran nunha charla coloquio cos asistentes.

 

Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4 st1\:*{behavior:url(#ieooui) }

18 comidas, de Jorge Coira, abre as proxeccions este sabado, as 18.00 horas. O filme, gran vencedor dos Premios Mestre Mateo 2010, fixose cos galardons a mellor Montaxe, Musicaorixinal, Direccion de producion, Son, Direccion,Guion e a mellor Longametraxe. Asistiran aocoloquio posterior Jorge Coira, director, guionista e montador da pelicula, e Fernanda delNido, produtora da cinta.

O 11 de xuno, tamen as 18.00 horas, sera a quenda das cintas que ganaron, ex aequo, o premio a mellor Longamentraxe documental: Jazz en liberdade, de Matriuska Producciones, eMan Fred, home sen paz, de Infernos TV S.L. A seguinte cita chegara o 18 de xuno, coaexhibicion as 18.00 horas de Mar libre, de Daniel de la Torre. Cinta ganadora nos PremiosMestre Mateo 2010 nas categorias de Pelicula para television, Deseno de vestiario eInterpretacion feminina protagonista. Por ultimo, no que respecta as producions vencedorasnos galardons do audiovisual galego, o 25 de xuno as 18.00 proxectarase Radiografia dun autor de tebeos, de Marcos Nine, ganadora na categoria de Mellor documental.

En virtude ao acordo de colaboracion asinado entre a Academia Galega do Audiovisual e aAcademia del Cinema Catala para intercambiar e exhibir producions, o ciclo contara asemade coa proxeccion de duas cintas galardoadas na ultima edicion dos Premis Gaudi. Deste xeito, o 25 de xuno, as 18.00 horas, realizarase un pase de A Tropa de Trapo no pais onde sempre brilla o sol, un filme con participacion galega que obtivo o premio a mellor Pelicula de animacion.No mes de setembro pechara esta serie de proxeccions o filme de Pa Negre, gran vencedor daIII edicion dos Premis Gaudi ao facerse con 13 dos 15 galardons aos que optaba, entre eles ode mellor Pelicula en lingua catala e que poderemos desfrutar en version orixinal.

A entrada a todas as sesions mencionadas sera gratuita.