Arrinca o (S8) 4ª Mostra de Cinema Periférico da Coruña. Para abrir boca,  Mañá martes 04 de xuño, día previo á inauguración oficial do festival, o CGAI (Filmoteca de Galicia) albergará a primeira proxección da cuarta edición do (S8). Ben Russell e Ben Rivers, acompañados da curadora do seu programa, Garbiñe Ortega, presentarán a primeira sesión do ciclo O descoñecido. Cine, percepción e estados alterados. Ben Russell e Ben Rivers. Unha selección de títulos que, dentro da sección Segunda Vida das Imaxes, invita ao público a sentir e compartir ideas sobre a intuición fílmica, percepción, sensibilidade, éxtase e todos eses sentimentos sen nome que vivimos mentres experimentamos unha película.

“Este programa de viaxes no tempo e espazo reflexiona sobre a linguaxe e as súas limitacións, os mitos, a creación do mundo tal e como o coñecemos e sobre que sería a nosa percepción da realidade si achegasémonos/achegasemosnos a ela sen conceptos preestablecidos”.

Garbiñe Ortega (Programadora)

Ben Russell e Ben Rivers, dous cineastas de referencia a nivel internacional, romperán o xeo dunha cuarta edición que se inaugurará oficialmente ás 12:00 hrs. de pasadomañá, mércores 05 xuño, no hall do Centro Sociocultural Novacaixagalicia da Coruña. A continuación realizarase unha visita á vídeo instalación do artista galego Lois Patiño exposta no primeiro piso desta mesma sé, e acto seguido terá lugar a primeira roda de prensa do festival coas intervencións de Russell, Rivers e o propio Lois Patiño. Isto sucederá ás 12:30 hrs. na Sala de Prensa da Fundación Novacaixagalicia na Coruña.

Tamén o mércores 05 de xuño, Marie-Hélène Lehérissey e Lawrence Lehérissey, descendentes de Georges Méliès, manterán un encontro cos medios no hall do Teatro Colón ás 16:00hrs. seguido dun ensaio no que se poderán tomar imaxes e facer fotografías, ás 17:00hrs. no propio teatro.

Como gala inaugural da cuarta edición, o (S8) ofrece o Cine Concerto Georges Méliès, no que Marie Hélène e Lawrence poñerán narración e música ás películas do seu antepasado. A hora do espectáculo 20.30hrs. e o lugar, o Teatro Colón da Coruña.

HORARIO DE ACTIVIDADES DO (S8)

MARTES 04 DE XUÑO

           20.30hrs. Sesión 1 ‘Antes de que o mundo fose palabra’ dentro do programa O DESCOÑECIDO. CINE PERCEPCIÓN e ESTADOS ALTERADOS. BEN RUSSELL E BEN RIVERS. A proxección será precedida por unha presentación dos cineastas Ben Russell e Ben Rivers a quen acompañará a programadora Garbiñe Ortega.               

 

MÉRCORES 05 DE XUÑO

           12:00hrs. Inauguración oficial (S8) 4ª Mostra de Cinema Periférico da Coruña no hall do Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia. Tralas intervención do director do certamen, Anxo Roda, abriremos as portas da vídeo instalación ‘A morte traballando’ que o artista galego Lois Patiño preparou especialmente para a ocasión na primeira planta da mesma sé.

           12:30hrs. Roda de prensa de Ben Russell, Ben Rivers, Garbiñe Ortega e Lois Patiño na Sala de Prensa do Centro Sociocultural Novacaixagalicia.

 

           16:00hrs. Encontro cos medios de Marie Hélène e Lawrene Lehérissey (descendientes de Georges Méliès) no hall do Teatro Colón da Coruña.

 

           17:00hrs. Ensaio Cine Concerto Georges Méliès. Os medios que así o desexen poderán tomar imaxes do ensaio que terá lugar no interior do Teatro Colón.

 

           18:00hrs. Comeza a sección SINAIS. Lois Patiño presentará a primeira sesión dos seus traballos na Sala (S8) situada na planta -1 do Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia.

 

           18:30hrs. Sesión 2 ‘Pechen os ollos e vexan’ dentro do programa O DESCOÑECIDO. CINE PERCEPCIÓN e ESTADOS ALTERADOS. BEN RUSSELL E BEN RIVERS. A proxección será precedida dunha presentación dos cineastas Ben Russell e Ben Rivers a quen acompañará a programadora Garbiñe Ortega.

 

           20:30hrs. Gala de inauguración CINE CONCERTO GEORGES MÉLIÈS. Marie – Hélene e Lawrence Lehérissey, descendentes do mago do cine, poñerán narración e música a unha coidada selección de títulos dirixidos e producidos polo seu antepasado fai máis de 100 anos. Unha sesión que nos fará viaxar na o Parides de 1900 sen movernos do Teatro Colón da Coruña.