Cool Films Galicia rodou esta fin de semana a mediometraxe “Eternia”, a primeira obra audiovisual de romanos e celtas que se realiza en Galicia. O camiño ata a súa conclusión final foi longo, con máis dun ano de preprodución, no que colaboraron de xeito conxunto Cool Films Galicia e Grupo Taranis e no que o resultado final poderemos velo a comezos do próximo outono e que deixará a moitos asombrados.

Para poder realizar “Eternia”, o primeiro paso foi o de abrir un “crowdfunding” (financiamento en masa), no que máis de cento cincuenta acodes (principalmente da provincia de Lugo) que coas súas achegas, conseguiran completar o financiamento que requiría para poder levar a cabo o proxecto.

Logo disto, Cool Films Galicia e Grupo Taranis puxéronse ao choio para poder comezar canto antes a rodaxe e que este fin de semana concluíu, superando todas as expectativas tanto artísticas e técnicas, onde por primeira vez trabállase con profesionais do cine e a televisión en labores técnicos. No cadro artístico foron moitas as persoas que por primeira vez colaboran nun proxecto de Cool Films, sendo o resultado máis que satisfactorio, ás que hai que sumar outras xa  coñecidas dos nosos anteriores traballos.

En “Eternia” colaboraron grupos de combates, especialistas de cine, asociacións culturais e de recreación histórica e chegouse a coordinar un equipo de máis de 40 persoas, que durante dous días de rodaxe traballaron  sen descanso.

Outro dos puntos importantes foi a colaboración de varios alumnos da Escola de Imaxe en Son de Lugo (TIC) que realizaron funcións de produción e realización, sendo parte do equipo desta historia.

As localizacións foron varias para levar a cabo esta interesante historia acontecida no ano 53 AC, entre as que se pode resaltar o poboado celta de Sedes (Narón), acantilados de Valdoviño e leiras privadas de bosque en Friól e Outeiro de Rin.

Agora quizais falte o máis complicado, a postprodución, no que o director Luís Noriega contase cun gran equipo de profesionais do audiovisual, para que o resultado final sexa o mellor posible.