QUEDA UNHA SEMANA PARA INSCRIBIR FILMES AO FESTIVAL AMAL 2011

8 / 06 / 2011

O plazo para inscribir filmes ao festival Amal 2011 terminará dentro dunha semana, o próximo mércores 15 de xuño de 2011. Quedan polo tanto poucos días para participar no IX Festival Internacional de Cine Euroarabe Amal, que terá lugar en outubro de 2011 en Santiago de Compostela. As bases están dispoñibles na web oficial de Amal (www.festivalamal.es) e a inscrición  debe realizarse online. A data límite para a presentación dos traballos é o mércores da semana que ven, o 15 de Xuño de 2011.

Amal é o único Festival de España especializado en temática árabe, que traballa coa firme vontade de servir cómo punto de encontro para o diálogo entre culturas. Pode presentarse calquera longametraxe de ficción, documental ou curtametraxe producida ou coproducida por un país árabe, así como aqueles filmes que aborden temática árabe, independentemente do seu país de orixe. Os traballos presentados deberán estar finalizados entre os anos 2009 e 2011.

Entre os países participantes, observouse unha forte participación de países árabes como Líbano, Palestina, Marrocos, Tunisia, Emiratos Árabes Unidos, Alxeria, Iraq r Exipto nas últimas semanas. Entre os países europeos, Francia, España, Bélxica e Dinamarca encabezan a lista, ao lado dos Estados Unidos. As coproducións representan un 25% do total. As curtametraxes de ficción e os documentais son os máis numerosos, seguidos das curtas documentais e das longas de ficción. A participación das mulleres directoras coma cada ano é destacable.

A semana que ven pechará o plazo de inscrición e nos próximos meses publicaranse os títulos dos filmes que conformarán a sección oficial da novena edición Amal 2011.

Categoría: Noticias
Etiquetas: