«O NOVENO PRINCIPIO» ESTRÉASE O VINDEIRO VENRES DENTRO DA 23 EDICIÓN DE CINEUROPA

10 / 11 / 2009

Este venres día 13 ás 10 da noite se estrea no Teatro Principal de Santiago, dentro da programación da 23 edición de Cineuropa, a curtametraxe de Iván Seoane » O Noveno Principio». A obra trata sobre a historia despois do atentado contra Adolf Hitler o 20 de xullo de 1944. A entrada é gratuíta, tan só hai que retirala en taquilla das 22.00 horas. Cineuropa trae máis de 160 filmes que poderanse ver dende o 4 de novembro ata o 2 de decembro en catro salas diferentes da cidade. Como cada ano, o evento premia a dous persoeiros relevantes no mundo do cinema internacional: Fernando Trueba, gañador dun Óscar e que este ano repite nesa cerimonia co filme O baile da vitoria, que se estrea en Cineuropa; e Mabel Rivera, actriz galega comprometida e preocupada polas situacións inxustas que percibe ao seu redor.

Esta edición é tamén a da música, a palabra e a historia. Da man do cinema escoitaranse aos Beatles, achegarase á Transición en Galiza, bailarase coa banda dos Crebinsky… Todo un extraordinario universo cinematográfico da man de Cineuropa.

Categoría: Noticias
Etiquetas: