Agua fría de mar, unha longametraxe da directora costarricense Paz Fabrega, foi seleccionada para participar na Sección competitiva Horizontes Latinos do Festival de San Sebastián 2010.

Tras ter sido galardoada co premio VPRO Tiger Award 2010 do Festival de Rotterdam, e de ter participado en festivais internacionais de todo o mundo; o Festival de San Sebastián acollerá a estrea da película en España.

Agua fría de mar é unha co-produción da produtora galega Tic Tac Producciones junto con outras, e conta coa participación da Televisión de Galicia. Relata a historia de Mariana (21) e Rodrigo (30) que visitan a costa do Pacífico en vacacións de Aninovo. Tarde pola noite, en medio da nada, atopan a Karina (7), que escapou da súa casa. A parella decide quedar con ela esa noite e buscar axuda pola mañá. Pero cuando espertan, a nena xa non está.