Onte publicáronse no Boletín Oficial del Estado (BOE) o convenio de colaboración entre o Instituto de Crédito Oficial (ICO) e o Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) no que se establece, para 2012, unha liña de financiamento para a produción de cine cunha dotación máxima de 25 millóns de euros (a metade que en 2011) e convócanse as axudas do ICAA para a minoración de intereses dos créditos acollidos ao mesmo, por un montante de 1,5 millóns (tamén a metade que o pasado ano). Así mesmo, tamén se convocan as axudas para a participación de películas españolas en festivais en 2012.

Convenio entre o Instituto de Crédito Oficial e o ICAA: http://www.boe.es/boe/dias/2012/06/05/pdfs/BOE-A-2012-7480.pdf

Axudas para a participación de películas españolas en festivais en 2012: http://www.boe.es/boe/dias/2012/06/05/pdfs/BOE-A-2012-7479.pdf