Contoplanet, a aplicación de libros interactivos para iPhone e iPad desenvolvida por Perro Verde Films e Milrayas con textos da editorial Galaxia, é un dos cinco proxectos finalistas para o foro de startups que se celebrará o 7 de xullo en Madrid no evento Entre Emprendedores, organizado por Movistar e Iniciador.

 

Contoplanet presentouse anteriormente en outros foros como o de Internet es Tuyo, foi apoiado por AGADIC, e foi premiado con un Laus de Plata na gala dos Premios Laus -referentes do deseño en España- que se celebrou o 30 de xuño en Barcelona, na categoría de Webs e Medios Dixitais. Entre Emprendedores será “unha boa ocasión para dar a coñecer Contoplanet e presentalo ante un xurado de inversores cos que tomar un primeiro contacto de cara á busca de financiamento do plan de negocios”, explican en Perro Verde.

Así mesmo, hoxe Manuel Cristóbal estará en Mundos Dixitais, que se celebra ata o vindeiro sábado 9 de xullo en A Coruña, falando da adaptación do cómic á gran pantalla dos eu proxecto “Arrugas”.