PROXECCIÓN DE O QUINTO EVANXEO DE GASPAR HAUSER HOXE, NO CINECLUBE PADRE FEIJOO

12 / 05 / 2014

Hoxe, luns 12 de maio ás 20.30 e 23.00h, o Cineclube Padre Feijoo proxecta “O quinto evanxeo de Gaspar Hauser” de Alberto Gracia, na Biblioteca Pública (rúa Concello, 11). O quinto evanxeo de Gaspar Hauser

Galicia, 2013- 61 min. VOS
Sinopse
: Adaptación radicalmente experimental da historia de Kaspar Hauser, criado no illamento escuro da humanidade. Unha mensaxe eminentemente relixiosa rodada en película en branco e negro de 16mm. que foxe da linguaxe da razón e preséntanos a personaxes encarados fronte a fronte co crebacabezas primitivo.
Premio FIPRESCI da crítica especializada no Festival Internacional de Rotterdam 2013.

Categoría: Noticias
Etiquetas: