PROXECCIÓN O APÓSTOLO MAÑÁ NO CINEBOX OURENSE

8 / 01 / 2013

Este mércores, 9 de xaneiro, o Cineclube Padre Feijoo presentará a programación de todo o primeiro trimestre do 2013, e ademais ten programada unha proxección especial.

  • Mércores 9 de xaneiro de 2013, no Cinebox Ourense  (Sesións ás 18, 20:30 e 23 h);

O Apóstolo  (2012, España)

Dirección: Fernando Cortizo | Guión: Fernando Cortizo | Música: Xavier Font, Arturo Vaquero, Philip Glass | Fotografía: Matthew Hazelrig | Intérpretes: Animación (Voces de: Carlos Blanco, Xosé Manuel Oliveira “Pico”, Paul Naschy, Jorge Sanz, Celso Bugallo, Geraldine Chaplin, Manuel Manquiña, Luis Tosar, Isabel Blanco, Pedro Alonso, Atilano Franco, Jacobo Rey) 

Productora: Artefacto producciones | Web oficial: http://www.oapostolo.es/ | Distribuídora: Artefacto producciones | Formato disponible exhibición: Blu-Ray | Cor | Duración: 80 min.| Lingua: Versión Orixinal (Galego) VOG 

Premios e mencións:

2012: Festival de Sitges: Nominada á mellor película de animación

Xénero: Fantástico. Intriga. Terror

Sinopse: Un preso recen fuxido da cárcere tenta recuperar o botín que escondeu uns anos antes, nunha remota e solitaria aldea; pero o que alí se atopa supón unha condea peor que a cadea. Sinistros anciáns, estrañas desaparicións, espíritos, un peculiar sacerdote e ata o mesmo arquipreste de Santiago protagonizan unha historia de terror, humor e fantasía.

Primeira producción de stop-motion (Claymation) con plastilina feita en España. As cotas xerais de entrada, permanecen de momento invariables, aínda que nesta sesión especial, só existe a cota xeral (4 Eu.). A película proxectarase en castelán.


Categoría: Noticias
Etiquetas: