O Cineclube Padre Feijoo, reinicia a súa programación habitual, este  mércores, nas xa habituáis sesións das 18:00, 20:30 e 23 horas, coas proxeccións;  no Cinebox (Centro C. Pontevella), co seguiste detalle da programación.

CINEMA E BANDA DESEÑADA 

(en colaboración das Xornadas de Banda Deseñada)

 

  • 3 de outubro de 2012

EL ILUSIONISTA ( L’illusionniste) 

(2010 , Francia)

Dirección: Sylvain Chomet | Guión: Sylvain Chomet, Jacques Tati | Música: Sylvain Chomet | Animacion: Antoine Antin, Juan Pedro Alcaide, Richard Bazley, Bjorn-Erik Aschim | Intérpretes: (Animacion) | Productora: Coproducción Francia-Reino Unido; Django Films | Cor (aspecto: 1.85:1) | Formato/distribución: 35 mm | Son: DTS | Lingua/subtítulos exhibición: VO (versión orixinal en Francés, Inglés e Gaélico) | Estreada en España: 07/10/2011 | Estrea en Ourense: 03/10/2012 (Cinebox)

 

Premios:

Premios Cesar 2010: Mellor película de animación,

Premios Cine Europeo 2010: Mellor filme de animación

 

Sipnose:

Conta a historia dun vello mago que trata de non defraudar a unha nena convencida de que os seus trucos de maxia son reais. Segunda película do director de “Benvidos a Belleville“, basada nun guión de Jacques Tati que nunca se producíu.

 

  • 10 de outubro de 2012

POLLO CON CIRUELAS ( Poulet aux prunes)

(2011, Francia)

91 min.

Dirección: Marjane Satrapi, Vincent Paronnaud | Guión: Marjane Satrapi, Vincent Paronnaud | Música: Olivier Bernet | Fotografía: Christophe Beaucarne | Intérpretes: Mathieu Amalric, Maria de Medeiros, Isabella Rossellini, Golshifteh Farahani, Jamel Debbouze, Chiara Mastroianni, Edouard Baer, Eric Caravaca, Frédéric Saurel, Dustin Graf | Productora: Coproducción Francia-Alemaña; Celluloid Dreams Productions / Studio Babelsberg / TheManipulators | Cor (aspecto 2.35:1) | Son: DTS | Formato/distribución: 35 mm | Lingua/subtítulos exhibición: VOSE versión orixinal en francés e inglés con subtítulos en castelán | Estreada en España: 03/08/2012 | Estrea en Ourense: 10/10/2012 (Cinebox)

 

Premios:

Festival de Venecia 2011: Sección oficial a concurso

 

Sipnose:

Nasser Ali Khan é un virtuoso do violín que decide deixarse morrer despois de que a súa muller rompa o seu amado instrumento durante unha discusión matrimonial. Pero os verdadeiros motivos da súa decisión son moito máis complexos

 

AMERICAN SINGERS 

(En colaboración co Café Pop Torgal)

 

  • 17 de outubro de 2012

 

EL ÚLTIMO VALS ( The last waltz )

(1978, EE.UU)

117 min.

Dirección: Martin Scorsese | Guión: Martin Scorsese | Música: The Band | Fotografía: Michael Chapman, Laszlo Kovacs, Vilmos Zsigmond, Hiro Narita & Varios | Intérpretes: Bob Dylan, Van Morrison, Neil Young, Joni Mitchell, Neil Diamond, Eric Clapton, Paul Butterfield, Rick Danko, Dr. John, Lawrence Ferlinghetti, Emmylou Harris, Ronnie Hawkins | Productora: United Artists | Cor (aspecto 1.85:1) | Formato/distribución: 35 mm | Son: Dolby | Lingua/subtítulos exhibición: VOSE versión orixinal en inglés con subtítulos en castelán | Estreada en España: 16/08/1978 | Estrea en Ourense : 17/10/2012 (Cinebox)

Sipnose:

Documental sobre o mundo do rock rodado en 1976, no que Scorsese filma os concertos de despedida de “The Band“, polos que pasaron Bob Dylan, Van Morrison, Neil Young, Joni Mitchell, Neil Diamond, Eric Clapton e outras míticas figuras do rock das últimas décadas.

 

  • 24 de outubro de 2012

 

THE DEVIL AND DANIEL JOHNSTON

(2005, EE.UU)

110 min.

Dirección: Jeff Feuerzeig | Guión: Jeff Feuerzeig | Música: Daniel Johnston | Fotografía: Fortunato Procopio | Intérpretes: Daniel Johnston, Bill Johnston, Mabel Johnston, Louis Black, Jeff Tartakov | Productora: Sony Pictures Classics / This Is That Productions / Complex Corporation | Cor e B/N (aspecto 1.85:1) | Formato/distribución: 35 mm (Orixinal 8/16 mm) | Son: Dolby dixital | Lingua/subtítulos exhibición: VOSE versión orixinal en inglés con subtítulos en castelán | Estreada en España: 06/10/2006 | Estrea en Ourense: 24/10/2012 (Cinebox)

Premios:

Festival de Sundance 2005: Mellor director documental

Festival de cine independiente de San Francisco 2005: premio do público ao mellor documental

Sipnose:

Documental que descubre a fascinante e terrible historia do cantautor norteamericano Daniel Johnston. Un xenio, compositor, cantante e artista maníaco depresivo a quen as drogas e a enfermidade mental o levan a imaxinarios encontros co Demo. Desde moi pequeno Daniel mostrou trazos da súa xenialidade e creatividade artística, ao través da banda deseñada e as gravacións en Super 8. O documental, segue ao persoaxe e amosa como se transforma en obxecto culto apoiándose nas gravaciones do propio Daniel Johnston.

 

  • 31 de outubro de 2012

 

LET’S GET LOST

(1988, EE.UU)

120 min.

Dirección: Bruce Weber | Guión: Bruce Weber | Música: Chet Baker & Varios (Jazz) | Fotografía:Jeff Preiss | Intérpretes: Chet Baker, Chris Isaak, Lisa Marie | Productora: Little Bear Productions / Nan Bush | B/N (aspecto 1.33:1) | Formato/distribución: 35 mm (orixinal 16 mm) | Son: mono | Lingua/subtítulos exhibición: VOSE versión orixinal en inglés con subtítulos en castelán | Estreada en España: 18/09/2009 | Estrea en Ourense: 31/10/2012 (Cinebox)

Premios:

Festival de Venecia 1988: Premio Cinecritica

Sipnose:

Documental sobre a vida do trompetista e cantante estadounidense de jazz Chet Baker dirixido polo famoso fotógrafo Bruce Weber. Baker foi unha das figuras máis destacadas do mundo da música do século XX. “Let´s get lost” xurde da enorme fascinación de Weber por este xenio do jazz. Inicialmente a idea era facer unha serie de fotos, pero trala relación xurdida entre ambos, o director rematou por facer un filme sobre a figura de Baker, o jazz, e duas das súas grandes paixóns; os coches e as mulleres.

 

Os prezos e descontos, permanecen invariables (4 euros a entrada xeral, e 3 euros para estudantes universitarios con carné, parados e xubilados), e contan coa colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia, do AGADIC da Xunta de Galicia, e da Concellaría de Cultura do Concello de Ourense. Do mesmo xeito cada ciclo, ten unha colaboración específica, ben coas Xornadas de Banda Deseñada, ou co CAFÉ POP TORGAL, dentro da programación especial do American Autumn.

Máis información na web; http://cineclubepf.blogspot.com.es