A continuación podedes ver a programación para os vindeiros meses prevista polo Centro Galego de Artes da Imaxe. CINE POLACO CONTEMPORÁNEO

CINE DO DESASOSEGO. PORTUGAL HOXE

CINEUROPA: DAN SALLITT

 

DESENCADRES: ÚLTIMAS FRONTEIRAS

FÓRA DE SERIE

OFF GALICIA

CGAI JÚNIOR

 

 

INFORMACIÓN XERAL

Todos os filmes se proxectan en versión orixinal, agás indicación contraria.

A duración dos filmes é orientadora e aproximada.

Esta programación pódese ver alterada por razóns alleas á nosa vontade.

Unha vez comezada a sesión non se permitirá a entrada á sala de proxeccións.

As sesións de capacidade limitada teñen reservado un número indeterminado de butacas.

As sesións sinaladas con signos de exclamación (¡!) sofren modificacións respecto dos horarios habituais.

 

 

Martes

Mércores

Xoves

Venres

Sábado

 

 

 

 

 

Novembro 2

 

 

 

 

 

18.00 horas  

Off Galicia

Onde as rúas non teñen nome 

Alba Vázquez, 2012. 108′. Vídeo. Presentación. Entrada de balde. 

 

 

 

Novembro 5

Novembro 6

Novembro 7

Novembro 8

Novembro 9

18.00 e 20.30 h

Fóra de serie

Paraíso: Amor 

Ulrich Seidl, 2012. 122′. DCP. Subt. castelán.   

 

18.00 horas

Cine polaco

Rosa

Wojciech Smarzowski, 2011. 90′. Vídeo. Subt. castelán. 

 

20.30 horas

Cine polaco

Indeleble

Jacek Borcuch, 2013. 95′. Vídeo. Subt. castelán. 

 

 

 

18.00 horas

Cine polaco

Mall Girls Katarzyna Roslaniec, 2009. 77′. Vídeo. Subt. castelán. 

 

20.30 horas

Fóra de serie

Stemple Pass

James Benning, 2012. 122′. Vídeo HD. Subt. castelán. Entrada de balde. 

 

21.00 horas (¡!)

Cine polaco

Madre Teresa de los Gatos

Pawel Sala, 2010. 95′. Vídeo. Subt. castelán. 

 

 

18.30 horas (¡!)

Off Galicia / Fóra de serie

Up Against the Wall Motherfuckers! Marcos Florez, Samuel M. Delgado e José Luis Maire, 2013. 

35′. Vídeo. Presentación. Entrada de balde. 

 

 

 

 

 

Novembro 12

Novembro 13

Novembro 14

Novembro 15

Novembro 16

18.00 e 20.30 h

Fóra de serie

Paraíso: Fe 

Ulrich Seidl, 2012. 116′. DCP. Subt. castelán.   

 

18.00 horas

Cine polaco

Rosita

Jan Kidawa-Blonski, 2010. 118′. Vídeo. Subt. castelán.

 

20.30 horas

Cine polaco

Ostatnie Pietro

Tadeusz Król, 2013. 84′. Vídeo. Subt. castelán. 

18.00 horas

Cine polaco

Marcas Magdalena Piekorz, 2004. 91′. Vídeo. Subt. castelán.

 

20.30 horas

Cine polaco Somnolencia

Magdalena Piekorz, 2008. 105′. Vídeo. Subt. castelán.

 

 

 

 

 

18.00 horas

Cine polaco

Amor

Slawomir Fabicki, 2012. 105′. Vídeo. Subt. castelán.

 

20.30 horas

Fóra de serie

Los ilusos

Jonás Trueba, 2013. 93′. DCP.    Presentación ao coidado do seu autor. Entrada de balde. 

18.00 horas

Off Galicia

A Raia

Iván Castiñeiras, 2012.  

30′. DCP. Presentación. Entrada de balde.

 

                                  

Novembro 19

Novembro 20

Novembro 21

Novembro 22

Novembro 23

18.00 e 20.30 h

Fóra de serie

Paraíso: Esperanza 

Ulrich Seidl, 2013. 91′. DCP. Subt. castelán.   

 

18.00 horas

Fóra de serie: Premis Gaudí

Curtametraxes

45′. Vídeo. Entrada de balde.

 

20.30 horas

Fóra de serie: Duncan Campbell

Bernadette

(2008)

Make it New John (2011)

88′. Subt. castelán.

 

 

18.00 e 20.30 h

Portugal

Centro histórico

Pedro Costa, Manoel de Oliveira, Víctor Erice e Aki Kaurismaki, 2012. 96′. DCP. Subt. castelán.

18.00 horas

Portugal

As ondas (Miguel Fonseca, 2013)

Lacrau

(João Vladimiro, 2013). 121′. DCP.

 

20.30 horas

Portugal

Curtametraxes João Nicolau

129′. Cine/ DCP.

 

 

18.00 horas

CGAI Júnior

As andanzas da pequena toupa

Zdenêk Miler, 1968-1975. 48′. Vídeo.  

Entrada de balde.

 

Novembro 26

Novembro 27

Novembro 28

Novembro 29

Novembro 30

18.00 horas

Portugal

Curtametraxes Sandro Aguilar

89′. Cine/ DCP. Subt. castelán.

 

20.30 horas

Portugal

Terra de ninguém

Salomé Lamas, 2012. 72′. DCP. Subt. castelán. 

18.00 horas

Portugal

Curtametraxes Sandro Aguilar

89′. Cine/ DCP. Subt. castelán.

 

20.30 horas

Portugal

A zona

Sandro Aguilar, 2008. 99′. Subt. castelán.

18.00 horas

Portugal

O fantasma do Novais Margarida Gil, 2012. 93′. DCP.

 

20.30 horas

Portugal

Vamos a tocar todos juntos…(Tiago Pereira, 2012)  Torres e cometas

(Gonçalo Tocha, 2013). 85′. DCP.    

18.00 e 20.30 h

Portugal

A vingança de uma mulher

Rita Azevedo Gomes, 2011. 100′. DCP. Subt. galego.  

18.00 horas

Off Galicia

Alma e Industria

Segundo Grandío, 2013. 63′. Vídeo.  

Presentación polo seu autor. Entrada de balde.

 

 

     Decembro 3

Decembro 4

 Decembro 5

   

    Decembro 7

18.00 e 20.30 h

Dan Sallitt

The Unspeakable Act

(2012) 91′. Vídeo HD. Subt. castelán.

 

 

 

20.00 horas (¡!)

Portugal

E agora? Lembra-me

Joaquim Pinto, 164′. DCP. Subt. castelán.

 

18.00 e 20.30 h

Fóra de serie

A World not Ours

Mahdi Fleifel, 2012. 93′.  Vídeo. Subt. castelán.

 

 

 

18.00 horas

Off Galicia

A realidade

Alberte Pagán, 2012. 53′. Vídeo. Presentación. Entrada de balde.

 

 

 

Decembro 10

Decembro 11

Decembro 12 

Decembro 13   

Decembro 14

18.00 e 20.30 h

Portugal

Redemption (Miguel Gomes, 2013)

O Gebo e a Sombra (Manoel de Oliveira, 2012). 121′. DCP. Subt. galego.

 

18.00 horas

Dan Sallitt

Honeymoon

(1998) 90′. Vídeo. Subt. castelán.

 

20.30 horas

Dan Sallitt

All the Ships at Sea

(2004) 64′. Vídeo. Subt. castelán.

 

 

 

 

18.00 horas

Portugal

O que arde cura (João Rui Guerra da Mata, 2012)

A última vez que vi Macau

João Pedro Rodrigues e João Rui Guerra da Mata, 2012. 109′. DCP. Subt. galego.

 

 

18.00 e 20.30 h

Portugal

Curtametraxes João Pedro Rodrigues

105′. DCP.

 

18.00 horas

Off Galicia

9 olas

Simone Saibene, 2013. 96′. Vídeo. Presentación. Entrada de balde. 

 

 

Decembro 17

Decembro 18

Decembro 19 

Decembro 20  

Decembro 21

20.30 horas

Desencadres

O quinto Evanxeo de Gaspar Hauser

Alberto Gracia, 2013. 61′. DCP. Presentación do director. Entrada de balde. 

18.00 horas

Desencadres

O quinto evanxeo de Gaspar Hauser

Alberto Gracia, 2013. 61′. DCP.

 

20.30 horas

Desencadres

A Spell to Ward off the Darkness

Ben Rivers e Ben Russell, 2013. 98′. DCP. Subt. galego.

18.00 horas

Desencadres

Two Years at Sea

Ben Rivers, 2011. 88′. DCP.

 

20.30 horas

Desencadres

Costa da Morte

Lois Patiño, 2013. 83′. DCP. Presentación do director. Entrada de balde. 

 

18.00 horas

Desencadres

Costa da Morte

Lois Patiño, 2013. 83′. DCP.

 

20.00 horas (¡!)

Desencadres

La Région Centrale

Michael Snow, 2011. 190′.

 

 

18.00 horas

CGAI Júnior

El Cascanueces 

Andréi Konchalovsky, 2010. 110′.

Entrada de balde.

 

 

CINE DO DESASOSEGO. PORTUGAL HOXE:

 

En colaboración co Festival de Cine Europeo de Sevilla, Agência da Curta Metragem e CulturArts-Filmoteca de Valencia.

 

Houbo un tempo, a comezos dos oitenta do século pasado, en que se dicía que Portugal era o país europeo con mellores cineastas por metro cadrado. A afirmación non respondía a ningunha estatística, tan só a unha mera apreciación e, como tal, esa apreciación sería perfectamente reivindicable hoxe en día. Como mostra este ciclo impulsado polo Festival de Cine Europeo de Sevilla en que se non están todos os que son, si se pode dicir que son todos os que están, pois ciclos recentes como “Cinema portugués. Hipóteses para un futuro” ou o dedicado a João Canijo xa presentaron outros moitos nomes. Algúns deles son vellos coñecidos do CGAI, cineastas aos que se lles prestou unha atención preferente nos últimos anos: Manoel de Oliveira, Pedro Costa, Miguel Gomes, João Pedro Rodrigues, Gonçalo Tocha, aínda que outros moitos (Joaquim Pinto, João Vladimiro, Salomé Lamas) non é a primeira vez que se asoman á nosa pantalla. Mais esta é tamén a mellor ocasión para darmos a coñecer a cineastas como Rita Azevedo Gomes, Margarida Gil, Tiago Pereira, Miguel Fonseca, João Rui Guerra da Mata, Sandro Aguilar ou João Nicolau. Destes dous últimos presentaranse, por exemplo, senllas sesións de curtametraxes, unha das especialidades do máis recente cinema portugués, tanto por vocación -é o caso dos citados- como por necesidade, en tanto que resposta aos problemas económicos que viviu a cinematografía lusa nos dous últimos anos. O máis sorprendente é comprobarmos como esta crise tan profunda non afectou no máis mínimo á creatividade destes cineastas. Mesmo se podería dicir que constituíu todo un acicate. A crise económica é, sen ir máis lonxe, o tema dalgunhas das mellores películas portuguesas (e mundiais) da última tempada, dende Redemption, a curtametraxe de Miguel Gomes (aínda está recente o pase de Tabú no CGAI), ata ese ensaio con forma de diario que conforma E agora? Lembra-me, de Joaquim Pinto, pasando por O Gebo e a sombra, de Manoel de Oliveira. O gran patriarca do cine portugués (e, outra vez, mundial), Oliveira, está presente por partida dobre, co seu episodio do filme colectivo Centro histórico (en que tamén participa Pedro Costa xunto a Aki Kaurismäki e Víctor Erice, dous ocasionais portugueses de adopción) e co seu segmento para a película promovida por Guimarães 2012, unha iniciativa coincidente con O fantasma do Novais, Torres e cometas ou certas curtas de Pereira, Rodrigues ou Nicolau. Foron iniciativas como Guimarães 2012 ou Estaleiro (vinculada ao Festival de Vila do Conde) as que, ao apostaren polos formatos curtos, fixeron máis levadeira a travesía do deserto en que poderían terse convertido estes anos de 2012 e 2013 de non mediar a extraordinaria capacidade dos cineastas portugueses para se adaptaren ás circunstancias máis adversas. É xusto que este sexa un dos eixes deste ciclo.

 

Agradecementos: Crim Productions, Rodrigo Areias, O Som e a Furia, Terratreme, Fims Boutique, Pyramide Films, Splendor, Casa de Películas, Martin Pawley.

 

CINEUROPA: DAN SALLITT

En colaboración con: Cineuropa.

Unha ocasión única: descubrirmos dunha vez a obra completa dun dos segredos mellor gardados do cine independente norteamericano, Dan Sallitt (1955). Antigo crítico de cine en Los Angeles Reader, Sallitt dirixiu ata o momento tres longametraxes “profesionais”: Honeymoon (1998), All The Ships at Sea (2004) e The Unspeakable Act (2012), todas elas moi influídas polo cine europeo, desde Ingmar Bergman a Eric Rohmer, a quen está dedicada a súa, polo momento, última longametraxe. Nunha recente recensión para o Village Voice con motivo da presentación das súas películas no Anthology Film Archives de Nova York, o crítico Scott Foundas cualificaba a Sallitt como “o mestre modesto” e esas dúas palabras, mestría e modestia, son sen lugar a dúbidas as que mellor definen o seu cine: por exemplo, en The Unspeakable Act é capaz de tratar un tema tan delicado como altamente perigoso, o incesto, sen asomo ningún de escabrosidade, sen ánimo ningún de escándalo, ao contrario, con tanta sensibilidade como atención ás emocións dunha das mellores personaxes que nos ofreceu recentemente o cine americano (reparen na súa protagonista, Tallie Medel).

Agradecementos: Dan Sallitt.

 

DESENCADRES: ÚLTIMAS FRONTEIRAS

En colaboración con: Zeitun Films.

Fóra de toda delimitación, arredados do recadro evidente, os Desencadres da nova programación do CGAI aproveitan a estrea de dúas importantes e premiadas películas galegas: O quinto evanxeo de Gaspar Hauser de Alberto Gracia e Costa da Morte de Lois Patiño. A sección da programación presenta un pequeno ciclo no que tanto o filme de Gracia, unha viaxe chea de sentido surreal da existencia e altas doses de humor en forma de, en verbas do seu autor, “traxicomedia do século XXI”, un título premiado en Rotterdam que recolle as pegadas do mito, e o de Lois Patiño, premio en Locarno, un poético percorrido por espazos de enorme beleza onde prima a moi particular relación entre imaxe e texto e mais a elaborada organización dos dispositivos formais, fanse acompañar doutras tres películas que, dalgún xeito, presentan espazos xeográficos e personaxes afastados diso que se deu en chamar a civilización moderna: o ermitán que habita nas Highlands escocesas de Two Years At Sea, de Ben Russell, ou o músico Robert AA Lowe que conforma o eixe dos tres episodios de A Spell To Ward Off The Darkness, a longametraxe froito da colaboración entre o propio Rivers e Ben Russell, o dúo ao que o CGAI e S8 Mostra de Cinema Periférico lle dedicaron un ciclo en xuño deste mesmo ano, película que agora se presenta como première en España. Os escenarios dos filmes de Rivers e Russell, tamén os dos de Gracia e Patiño, ben puideran ser os mesmos ata os que o artista canadense Michael Snow levou a súa cámara en 1971 para filmar, desde un dispositivo robotizado, a súa mítica La Région Centrale, que o catálogo do último Festival de Rotterdam definía como “a película experimental máis espectacular realizada en calquera lugar do mundo”.

 

Agradecementos: Lux, Rouge International.

 

CINE POLACO CONTEMPORÁNEO

En colaboración co Instituto Polaco de Cultura.    

 

Logo dunha etapa triunfal, fundamentalmente entre os anos 60 e 80, presidido por unha importante tradición e nomes tan significativos como Agnieszka Holland, Krzysztof Kieślowski, Roman Polański, Jerzy Skolimowski ou Andrzej Wajda, o cine polaco entra nunha sorte de longa travesía polo deserto que lle crea dificultades de achegamento ao público durante décadas. No ano 2005 a creación do Instituto Cinematográfico Polaco permite relanzar a produción nacional, de dez a máis de cincuenta títulos anuais, co que se capta de novo o interese do público e se pasa de menos de medio millón de espectadores nese ano 2005 a case dez millóns en 2010. A canda isto, por moitos festivais internacionais transitan filmes de novos directores como Wojciech Smarzowski, Tadeusz Król, Jan Kidawa Błoński, Robert Gliński ou Borys Lankosz. 

 

Agradecementos: Iwona Zielinska.

 

 

FÓRA DE SERIE:

 

Proxectamos a segunda película de Jonás Trueba, Los ilusos, versión da novela póstuma de Rafael Azcona, con presentación do propio autor. Segue a empregar o escalpelo implacable o austríaco Ulrich Seidl, esta vez coa triloxía Paraíso. Do irlandés Duncan Campbell amosamos dous dos seus documentais de intervención. Recuperamos as curtametraxes pendentes dos Premis Gaudí e A World not Ours, o filme tan íntimo e poético coma político de Mahdi Fleifel, que nos achega ao campo de refuxiados palestino do sur do Líbano, clave na súa vida.

 

Agradecementos: Jonás Trueba, Fran Gayo, Centro Niemeyer, Academia Galega do Audiovisual.

 

OFF GALICIA:

 

Continuamos co percorrido polas novidades presentes no cine galego contemporáneo. A aproximación ao mundo do teatro é a esencia de Onde as rúas non teñen nome de Alba Vázquez. Up Against the Wall Motherfuckers!, un valioso traballo de metraxe histórica, ten un dos seus artífices, o montador Marcos Florez, establecido entre nós. A Raia descobre a figura dun singular camarógrafo e cineasta, Iván Castiñeiras. Seguen os documentais musicais da serie “Tolemias”, nesta ocasión con outro traballo de Segundo Grandío, Alma e industria, produción de Casa de Tolos e da canle de televisión R. Alberte Pagán filma en A realidade a Colombia da guerra civil a modo de noticiario independente e o espectador topa con múltiples sorpresas, sempre fronte a verdades oficiais. Por último, Simone Saibene, residente en Ourense, crítico, programador e director, mostra a súa primeira longametraxe galega, 9 Olas, outro relato de movemento e desasosego.                

 

Agradecementos: Alba Vázquez, Fernando Dacosta, Claudio Pato, Marcos Florez, Samuel M. Delgado, Iván Castiñeiras, Segundo Grandío, Luis Martínez, Alberte Pagán, Simone Saibene.