Estes son os ciclos do CGAI-Filmoteca de Galicia para o mes de febreiro: *FEDERICO FELLINI. Inicio da completa retrospectiva que seguirá nos meses seguintes. Proxección de títulos míticos como La strada. Las noches de Cabiria, Ocho y Medio, Satiricón ou Amarcord.

*HOMENAXE A PUNTO DE VISTA. Tributo ao certame de non ficción navarro que estivo a piques de desaparecer o outono pasado coa proxección dos filmes premiados na edición 2011 (Foreign Parts, Color Perro que huye, The arbor,…).

*XÉNEROS MUTANTES. Fin do ciclo co pase de Alamar (2009) de Pedro González-Rubio.

*FÓRA DE SERIE. Estrea de Attack the Block de Joe Cornish.

*OFF GALICIA. Mesa redonda de homenaxe ao proxeccionista falecido Benjamín Jartín; celebración do 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro con algunha peza sorpresa; a versión da narración de Cunqueiro SINBAD de Antón Dobao.

*CGAI JÚNIOR. A produción española de animación Las aventuras de Capelito.