PROGRAMACIÓN DO CLUB INTERNACIONAL DE PRENSA

27 / 10 / 2008

Achégase a programación do Club Internacional de Prensa de Galicia na derradeira semana de Outubro e a primeira de Novembro.
MARTES 28 OUTUBRO:
Conferencia de DARÍO MACHADO, profesor do Instituto Internacional de Xornalismo “José Martí” de La Habana: “CUBA: ECONOMÍA, POLÍTICA E SOCIEDADE”, ás 20:00 hs., no Club Internacional de Prensa (Avda. da Coruña 6,baixo. Santiago)

XOVES 30 OUTUBRO:
Xornadas “O futuro da Industria da Comunicación”: Ás 17:00 hs no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal “O Ensanche” (Frei Rosendo Salvado), Conferencia: “INDUSTRIA, TIC E COMUNICACIÓN”, a cargo de CARLOS JIMÉNEZ, enxeñeiro de telecomunicacións, presidente da Empresa Secuware.

Ás 20:00 hs no mesmo lugar, e baixo o mesmo título, Conferencia de GABRIELA WARKENTIN, directora do Departamento de Comunicación da Universidade Iberoamericana, Cidade de México, e da súa estación de radio Ibero 90.9; condutora de Programas de radio a nivel local e nacional en México; titular da Cátedra UNESCO “Comunicación y Sociedad”, e Defensora do Televidente Canal 22.

VENRES 31 OUTUBRO:
No Club Internacional de Prensa (Avda. da Coruña 6, baixo, Santiago), ás 20:00 hs, Conferencia do xornalista, escritor e Director do Instituto Cervantes en Brasilia, MANUEL LOMBAO: “O INSTITUTO CERVANTES EN BRASIL”.

LUNS 3 DE NOVEMBRO:
Xornadas “O futuro da Industria da Comunicación”, na sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago (Rúa do Vilar 19). Conferencia ás 20:00 de SANDRA FUENTES, directora da especialización en Comunicación Organizacional da Pontificia Universidade Javeriana de Bogotá, Colombia: “NOVOS RETOS DA COMUNICACIÓN NAS ORGANIZACIÓNS”.

MARTES 4 DE NOVEMBRO:
Ás 20:00 hs no Club Internacional de Prensa, Conferencia de JORGE SEOANE, fillo do que foi Xefe do Exército Guerrilleiro de Galicia, Antonio Seoane, asasinado por Franco o 6 de novembro de 1948, xunto a Gómez Gayoso. Jorge Seoane ofrecerá non só a súa visión daquel acontecemento como fillo, senón tamén da repercusión que tiveron os asasinatos na República Arxentina.

MÉRCORES 5 DE NOVEMBRO:
Ás 20:00 hs, na Sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago (rúa do Vilar 19), Conferencia de ÁLEX CONTRERAS, xornalista, corresponsal da Axencia Latinoamericana de Información –ALAI-, director da “Escuela Bolivia Digna” en Cochabamba, e exvoceiro do Goberno boliviano de Evo Morales: “BOLIVIA NA ENCRUCILLADA”.

XOVES 6 DE NOVEMBRO:
Xornadas “O futuro da Industria da Comunicación”. Sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago (Rúa do Vilar 19). Conferencia “ACCIÓN POLÍTICA E MEDIOS”, ás 17:00 con AMALIA SCHIRRU, deputada do Partido Democrático de Veltroni, no Parlamento italiano. Baixo o mesmo título, ás 20:00 hs, Conferencia de ÁLEX CONTRERAS, situando esta mesma ‘acción política e medios’ no contexto boliviano.

Categoría: Noticias
Etiquetas: