“PRODUCIÓNS 360º” E “CREACIÓN DE CONTIDOS AUDIOVISUAIS CON DISPOSITIVOS MÓBILES” NO CLAG

5 / 10 / 2010

 O Clúster Audiovisual Galego (CLAG) aumenta a súa oferta formativa do sector audiovisual coa realización de dous novos cursos, “Producións 360º” e “Creación de Contados Audiovisuais con Dispositivos Móbiles”. 

 

PRODUCIÓNS 360º 

Ata o 13 de outubro aínda segue aberto o prazo de inscrición do curso “Producións 360º”, que se celebrará do 18 ao 22 de outubro de 9.00 a 15.00 horas no Centro Multimedia de Galicia (Rúa Hórreo 61, Santiago de Compostela). O curso será impartido por Eric Belloso, Víctor M. López, Stephan Poisner, Valeria Querol e Elisa Martin.   

CREACIÓN DE CONTIDOS AUDIOVISUAIS CON DISPOSITIVOS MÓBILES 

O CLAG abriu o prazo de inscrición para o terceiro dos cursos de formación do sector audiovisual que se levarán a cabo durante o último cuadrimestre do ano 2010. Trátase do curso ‘Creación de Contidos Audiovisuais con Dispositivos Móbiles’, que será impartido por Alberto Tognazzi e Joan Carles Martorell.  O curso terá lugar do 25 ao 29 de outubro en horario de 9.00 a 15.00 horas no Centro Multimedia de Galicia (Rúa Hórreo 61, Santiago de Compostela). Tedes ata o día 21 de outubro para matricularvos.  

 

En ámbos cursos, as prazas cubriranse por orde de recepción de solicitude.  As cotas de inscrición para os socios do CLAG é de 60 euros, e para os non socios é de 90 euros.  

Tedes máis información sobre os cursos e as fichas de inscrición en www.clusteraudiovisualgalego.com  

Categoría: Noticias
Etiquetas: