Logo do seu estreo en Valdeorras e de pasar por Ourense (onde se prorroga unha semana máis a súa presencia en cartel) e Vigo (onde a película vén de obter una gran acollida, desprazando e situándose por riba das películas americanas en taquilla e espectadores) PRADOLONGO, o filme de Ignacio Villar, chega á cidade de A Coruña. O equipo integrado polo propio director e os actores protagonistas Rubén Riós, Tamara Canosa e Roberto Porto está levando a cabo durante toda a semana unha intensa campaña de presentacións en asociación e institutos, e apoiando a promoción na participación da xente en internet a través da páxina web www.meupradolongo.com. O filme chegará aos cines Filmax de A Coruña este venres 11 de abril.

A película, falada en “galego de Valdeorras”, está a xuntar no cine a xente de todas as idades (dende adolescentes ata persoas maiores que non foran ao cine en anos), xa que reflexa unha Galicia real que poucas veces se pode ver na pantalla grande.

Mostra da boa acollida que está a ter a película son as entusiastas reaccións que os espectadores están a deixar en www.meupradolongo.com, dos que podedes ler unha pequena mostra:

“…fun cun par de amigos meus a ver a pelicula, e a verdade, sain verdadeiramente abraiado, non so por que a sala estivese chea, senon pola pelicula, para min a mellor pelicula Galega que vin, e por que non dicilo, a mellor pelicula que vin..”. (XACOBIÑO)

“…acudimos o cine boa parte da familia, de idades diferentes dende 40 o maís vello ata 6 o maís cativo, saímos encantados, tanto é así que nunca solemos comentar unha película pero con Pradolongo foi distinto , foi motivo de conversa dende Ourense ata Verín, e todos chegamos a mesma conclusión :» TODOS TEMOS UN PRADOLONGO NO CORAZÓN»…” (Eva María)

“…a pelí esta estupendaaa =D…Espero que saia en dvd,porque penso comprala ^^,e tamén tenho pesando ir vela outra vez o cine,vale a pena Perdón se comentin algunha falta en Galego,e que eu estoy acostumrada a falar en Catellano…” (AlBa)

“…Gustoume moito esta pelicula, e estou dacordo e ke todos temos un Pradolongo no corazon…. É fantastico que esta película integramente en galego sexa realmente tan boa…” (Carra 21)

“…fun ver pradolongo e alucinoume…sentinme moi identificada coa película, moitas grazas…” (Eva M.)

“…Tanto eu como a amiga estamos a encargar de que todo o noso entorno se de unha volta polo cine!!!! Esta a ser uha visita obrigada e da cal todos, sen excepción saen cunha sorrisa ou incluso con añoranza. Conseguistes que todos nos buscásemos o noso pradolongo…” (Mayte)

Producida por Vía Láctea Filmes, PRADOLONGO conta coa participación de TVG e coa axuda da Dirección Xeral de Creación en Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, da Axencia Audiovisual Galega, da Deputación de Ourense. Tamén contou coa coa colaboración da Secretaría Xeral de Comunicación Audiovisual, Turgalicia, e da Secretaría Xeral de Política Lingüística.