As instalacións da Fnac servirán de antesala para a III Mostra Internacional de Videocreación de O Condado.

O Xoves 1 de Outubro as 19:30 h. o MÍVICO’09 presentará na FNAC de A Coruña a súa programación que, do venres 2 ata o Domingo 4, tinguirá Ponteareas co mellor do panorama audiovisual internacional.

 

Asistirán ao evento como directores convidados Toño Chouza, Xavier Ruiz e Aristz Cibrián, que preestrearán `One Man Band´, un documental sobre a figura dos Home Orquestra que levan preparando dende hai tres anos e que aínda prosegue a súa vertixinosa singradura na procura de financiamento para a súa realización completa.

 

Presentarase unha escolma dos traballos que participan na mostra, así como tamén proxectaranse algúns dos vinte spots creados polo artista visual Vj Paradigma.

 

Este ano o MÍVICO contará coa participación de moitos dos directores seleccionados na Mostra, así como a colaboración de artistas do panorama audiovisual máis experimental e alternativo coma Colectivo Proletaricratz (Barcelona), Id Mora (Valencia), Vj Marula (Galicia-Beijing) e Colectivo Receyecler (Coimbra).