OS XVI PREMIOS DE TEATRO MARÍA CASARES, ORGANIZADOS POLA ASOCIACIÓN DE ACTORES E ACTRICES DE GALICIA, XA TEÑEN FINALISTAS

7 / 03 / 2012

Os XVI Premios de Teatro María Casares xa teñen finalistas para a súa gala que se celebrará o 3 abril no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Na categoría de mellor maquillaxe os nomeados son: Fani Mosqueira (por American Café, de Teatro do Morcego); Raquel Fidalgo (por Tango, de Sarabela Teatro); e Trini Fernández Silva (con A Ópera dos tres reás, do Centro Dramático Galego).

En mellor vestiario os finalistas son: Carlos Alonso (con A Ópera dos tres reás, do Centro Dramático Galego); Paco Conesa (por Piratas, Teatro do Noroeste); e Ruth D. Pereira (Tango, Sarabela Teatro).

Os nomeados en mellor iluminación son: Baltasar Patiño (A Ópera dos tres reás, do Centro Dramático Galego); Fidel Vázquez (Citizen Total, do Grupo Chévere); e Octavio Mas (por Oeste solitario, de Producións Teatráis Excéntricas).

Na categoría da mellor música orixinal, os finalistas son: Nacho Sanz (Soños, Bichakadela), Piti Sanz (por Oeste solitario, de Producións Teatráis Excéntricas); e Xacobe Martínez Antelo (Citizen Total, Grupo Chévere).

Os finalistas por mellor adaptación-tradución son: Avelino González (por Oeste solitario, de Producións Teatráis Excéntricas); Pepe Sendón (A Ópera dos tres reás, do Centro Dramático Galego); e Xosé Manuel Pazos Varela (por “E.R.” (Algún día traballaremos xuntas), de Teatro do Atlántico).

Os traballos recoñecidos na categoría de mellor texto orixinal son: Avelino González, Artur Trillo, María Ordoñez e Sechu Sende (por Pelos na lingua, de Talía Teatro); Manuel Cortés (Citizen Total, Grupo Chévere); e Santiago Cortegoso (con 0,7% Molotov, de Teatro de Ningures).

En mellor escenografía, os nomeados son: Baltasar Patiño (A Ópera dos tres reás, do Centro Dramático Galego); Chévere (Citizen Total, Grupo Chévere); e Paco Conesa (por Piratas, Teatro do Noroeste).

Como mellor actriz secundaria, son nomeadas: María Lado (Oeste solitario, de Producións Teatráis Excéntricas); Marta Pazos (A Ópera dos tres reás, Centro Dramático Galego); Mónica García (Citizen Total, Grupo Chévere); e Victoria Pérez ( Piratas, Teatro do Noroeste).

Os nomeados como mellor actor secundario son: César Goldi (A Ópera dos tres reás, Centro Dramático Galego); Vicente de Souza (Tango, Sarabela Teatro); e Víctor Mosqueira (A Ópera dos tres reás, Centro Dramático Galego).

Os finalistas como mellor actriz protagonista son: Luísa Merelas (“E.R.” (Algún día traballaremos xuntas), de Teatro do Atlántico); Patricia de Lorenzo (Citizen Total, do Grupo Chévere) e Susana Dans (“E.R.” (Algún día traballaremos xuntas), Teatro do Atlántico).

Como mellor actor protagonista, os nomeados son: Antonio Durán “Morris” (O florido pénsil, de Eme2 emoción&arte); Evaristo Calvo (Oeste solitario, de Producións Teatráis Excéntricas); e Josito Porto (O florido pénsil, de Eme2 emoción&arte).

Na categoría de mellor dirección, os finalistas son: Avelino González (por Pelos na lingua, de Talía Teatro); Xesús Ron  (Citizen Total, Grupo Chévere); e Xúlio Lago (con “E.R.” (Algún día traballaremos xuntas), de Teatro do Atlántico).

Finalmente, na categoría de mellor espectáculo, os nomeados son: Citizen Total (Grupo Chévere); O florido pénsil (Eme2 emoción&arte); e Oeste solitario (Producións Teatráis Excéntricas

Deste xeito, 11 espectáculos, dos 30 que se presentaban, conseguiron algún nomeamento para estes galardóns. En total, 261 candidaturas profesionais das artes escénicas e audiovisuais eran aspirantes nalgunha das 13 categorías: mellor maquillaxe, mellor vestiario, mellor iluminación, mellor música orixinal, mellor adaptación-tradución, mellor texto orixinal, mellor escenografía, mellor actriz secundaria, mellor actor secundario, mellor actriz protagonista, mellor actor protagonista, mellor dirección e mellor espectáculo


A cerimonia de entrega dos XVI Premios María Casares será o próximo 3 de abril, no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña e será retransmitida pola TVG.

Os XVI Premios María Casares contan coa colaboración, entre outros, da AGADIC, Concello da Coruña, Fundacion AISGE, Concello de Ames e TVG.

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: