PREMIERE MUNDIAL DE «AUGA FRIA DE MAR» NOS TIGER AWARDS

26 / 01 / 2010

A productora galega TIC TAC PRODUCCIONES presenta a súa primeira ficción en Competencia Oficial no Festival Internacional de Cine de Rótterdam. Logo de participar en Cinema Construción do Festival de San Sebastián na súa última edición, a ópera prima da directora costarricense Paz Fabrega presentarase en Competencia Oficial (Tiger Awards) o 1 de febreiro.

Rodada no parque nacional de Bahía Ballena, en Costa Rica, Auga fría de mar conta a historia de dúas nenas, de clases sociais distintas, que cargan enriba as dores de estar e crecer. Conta co apoio de CINERGIA, o Programa Ibermedia, Hubert Bals e Hubert Bals Plus do Festival de Rótterdam, a Fundación GAN (Cofinova) e recibiu o maior galardón no Torino FilmLab 2008 do Festival de Torino, así como o Premio Arte France del Buenos Aires Festival Internacional de Cine Independiente.

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: