O prazo de inscrición de candidaturas para a XIII edición dos Premios Mestre Mateo amplíase ata o 5 de decembro tralas conclusións acadadas na última Asemblea Extraordinaria celebrada o pasado sábado. 

Deste xeito as catro categorías de formatos curtos (curtametraxe, serie web, anuncio publicitario e videoclip) formarán parte da grella de premios que se entregarán na vindeira edición dos premios do audiovisual galego. Ademais, tamén se reincorporará a correspondente á categoría de Dirección de Produción.

Dende a Academia Galega do Audiovisual animamos a tódolos creadores e produtoras a participar nos Premios Mestre Mateo e así, entre todos, contribuír á posta en valor dos nosos profesionais e as nosas obras.

Convidámosvos así mesmo a seguir as novas dos Premios da Academia en Facebook ou en Twitter @AcademiaGalegaA.

A continuación tedes as bases, formularios e anexos completos.