
Encontros Mestre Mateo 2014
Nas semanas previas á gala dos Premios Mestre Mateo leváronse a cabo os Encontros Mestre Mateo, onde os finalistas en distintas categorías de producións e profesionais desta XII edición visitaron as escolas de audiovisual de Galicia para un coloquio cos futuros profesionais do sector. Podemos dicir que dende hai catro anos os Encontros veñen sendo das actividades máis exitosas e demandadas polas escolas ao ofrecer aos estudantes a posibilidade de coñecer de primeira mán a realidade da profesión a través da conversa cos nominados. Os encontros constan de dúas partes. Una primeira consiste no visionado das obras dos profesionais que asistirán á mesa, e a segunda e máis importante, o coloquio dos citados finalistas nas correspondentes escolas, onde os estudantes, futuros traballadores da industria audiovisual, absorben a experiencia dos xa profesionais e resolven tódalas súas dúbidas sobre o sector. Este ano os Encontros tiveron lugar dende o 19 ao 31 de marzo e

Encontros Mestre Mateo 2013
Un ano máis, con motivo da XI edición dos Premios Mestre Mateo, leváronse a cabo os encontros entre os nomeados e as distintas escolas de Imaxe e Son de Galicia. Como tódolos anos, poderíamos dicir que os Encontros Mestre Mateo contan con dúas fases. A primeira, é unha fase de visionado das obras que formarán a mesa, e a segunda o coloquio de ditos nomeados nas propias escolas. A segunda parte, poderíase dicir que é a mais importante, xa que futuros traballadores da industria audiovisual poderán resolver todas as súas dúbidas con profesionais deste sector. Este ano tiveron lugar dende o 12 o 18 de marzo, comezando polo IES Virxe do Mar de Noia, cunha mesa sobre o departamento de Fotografía. Esta mesa estivo composta por Lucía Catoira, directora de fotografía da curtametraxe “Anacos”, Isabel Rega, auxiliar de cámara da longametraxe “Invasor”, 2º auxiliar de cámara da longametraxe “Lobos de Arga”, e foquista do spot “Sairemos como galegos” e

Encontros Mestre Mateo 2012
Nas semanas previas á Gala teñen lugar os Encontros Mestre Mateo, proxeccións e mesas redondas onde os estudantes das escolas de audiovisual de Galicia teñen a oportunidade de ver os traballos dos finalistas dos Premios Mestre Mateo e falar persoalmente con eles. Ademais é o espazo onde os finalistas de cada categoría se atopan e intercambian impresións previas ao veredicto do premio o día da Gala. Este ano tivo lugar do 22 ao 28 de marzo, comezando pola Fundación TIC de Lugo cunha mesa de “Curtametraxes” no Salón da Deputación de Lugo. Contou coa presenza de Sara Horta, produtora executiva de "Adivina quien viene a comer mañana"; Sonia Méndez, directora e produtora de "As damas negras"; Xacio Rodríguez Baño, director de "Estereoscopía"; e Iria Ares, directora de "La increíble historia de Macareno y la puta milagrosa". O venres día 23 de marzo os Encontros achegáronse a Compostela con “Produción”, e contamos coa asistencia de Cora Peña, produtora

Encontros Mestre Mateo 2011
A semana previa á Gala, teñen lugar os Encontros, proxeccións e mesas redondas onde os máis xoves teñen a oportunidade de ve-los traballos dos finalistas dos Premios Mestre Mateo e falar persoalmente con eles. Ademais, é o espazo onde os finalistas de cada categoría se atopan e intercambian impresións previas ao veredicto do premio o día da Gala. Nesta terceira edición introduciuse a novidade de proxectalos traballos dos finalistas, o que provocou unha grande participación dos alumnos e unha óptima implicación e colaboración por parte das escolas de imaxe e son de Galicia. Este foi o programa: DÍA CIDADE ESCOLA MESA PROXECCIÓN POÑENTES LUNS, 4 DE ABRIL Ourense CIFP A Farixa Dirección de Produción "Man Fred, Home sen Paz” "Koruño, legado de Hércules” "Spot Xacobeo Lobelle” "El mono Paco” Simón Vázquez Érika Esmorís Sara Horta Guillermo Souto MARTES, 5 DE ABRIL Santiago de Compostela O Raio

Encontros Mestre Mateo 2010
MARTES 6 ABRIL Mesa redonda DIRECCIÓN DE PRODUCIÓN. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO, 12:00 CONTACTO ORGANIZADOR en Lugo: FUNDACIÓN TIC. LUGAR: Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo. A MESA REDONDA foi presentada por D. Juan José Díaz Valiño, Deputado Provincial de Lugo e Membro do patronato da Fundación TIC. POÑENTES: Xavier Eirís: Finalista na categoría a mellor Dirección de Produción por A CAIXA NEGRA. SUSO GAY: Xefe de Produción da Obra Finalista a Mellor Dirección de Produción por PADRE CASARES. ASISTENTES: Asistiron á mesa redonda arredor de 60 alumnos da Escola de Imaxe e Son de Lugo. A eles se uniron algúns profesionais do medio audiovisual lucense. Ademais de contar coa presenza dos seguintes medios de comunicación: O PROGRESO, LA VOZ DE GALICIA, RADIO GALEGA e RADIO VOZ. Mesa redonda CURTAS. ESCOLA DE IMAXE E SON “O RAIO VERDE” Santiago de Compostela, 12:00 CONTACTO ORGANIZADOR en Santiago: Escola de Imaxe e Son “O RAIO

Encontros Mestre Mateo 2009
A Academia Galega do Audiovisual preparou os Encontros Mestre Mateo que foron celebrados dende o 20 ao 29 de abril nos diferentes centros de ensino galegos en materia audiovisual. Todos os anos, no mes de xuño e dentro do marco dos Premios Mestre Mateo, a Academia organiza unhas xornadas de debate profesional de cara a obter un balance sobre o estado do noso audiovisual e que a todos nos poida ser de utilidade. Este ano adiantamos estas xornadas a poucos días antes da gala de entrega dos Premios Mestre Mateo de xeito que os nominados na categorías de mellor dirección fotográfica, música orixinal, guión, animación, longametraxe, interpretación, dirección artística, documentais, curtametraxe de ficción e programa de tv participarán en dez coloquios onde conversaron cos alumnos e outros profesionais sobre o seu traballo, tanto polo que resultaron nominados, como sobre a súa profesión en xeral. A continuación achegamos a relación de escolas e facultades e de