PERTO DE 100 PROFESIONAIS DA FOTOGRAFÍA ASISTEN Á ACADEMIA ABERTA 06 QUE ESTA MAÑÁ INAUGUROU A SÚA PRESIDENTA, MARÍA BOUZAS

30 / 11 / 2006

Perto de cen profesionais da Fotografía cinematográfica asisten dende esta mañá ó Foro Academia Aberta, que por cuarto ano consecutivo, organiza a Academia Galega do Audiovisual. O CGAI na Coruña é a sé que acolle estes Encontros que inaugurou esta mañá a Presidenta da Academia, María Bouzas, quen salientou a importancia da temática a tratar non só porque nos Estatutos da A.G.A. consta expresamente o apopio deste organismo ó desenvolvemento das artes e das ciencias relacionadas directa e indirectamente co audiovisual en Galicia, senón tamén porque ten que ver co coñecemento e valoración dos nosos oficios.
PERTO DE 100 PROFESIONAIS DA FOTOGRAFÍA ASISTEN Á ACADEMIA ABERTA 06 QUE ESTA MAÑÁ INAUGUROU A SÚA PRESIDENTA, MARÍA BOUZAS

O CGAI acolle este Foro dedicado este ano á Cinematografía Dixital, Os primeiros pasos

A Coruña. 30 novembro 2006
Academia Galega do Audiovisual

Perto de cen profesionais da Fotografía cinematográfica asisten dende esta mañá ó Foro Academia Aberta, que por cuarto ano consecutivo, organiza a Academia Galega do Audiovisual. O CGAI na Coruña é a sé que acolle estes Encontros que inaugurou esta mañá a Presidenta da Academia, María Bouzas, quen salientou a importancia da temática a tratar non só porque nos Estatutos da A.G.A. consta expresamente o apopio deste organismo ó desenvolvemento das artes e das ciencias relacionadas directa e indirectamente co audiovisual en Galicia, senón tamén porque ten que ver co coñecemento e valoración dos nosos oficios.
No acto, ó que asistiron algunhos representantes das entidades patrocinadoras (Caixanova, a Consellería de Cultura e Deporte, a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, e a colaboración do CGAI e do EIS), María Bouzas dixo tamén que a tecnoloxía dixital non debe considerarse só como unha ferramenta cada vez máis estendida entre nós, senón como unha nova forma de mirar. A tecnoloxía dixital está suxeita a condicións que lle son propias, coma a rapidez dos procesos ou a capacidade de transformación, ademáis dun permanente estado desenvolvemento. De aí o reto de que os profesionais se actualicen, combinando coñecementos en electrónica, informática e fotografía; e quizáis, máis ca nunca, se precise da colaboración entre todos eles para chegar a bós resultados no que se refire á calidade da imaxe e á optimización de custos. O futuro pinta dixital e se agora falamos de HD, xa está previsto comercializar para o 2025 a Ultra HD, imáxes con catro veces máis resolución que o HD actual.

Na súa intervención, que constituíu o acto de inauguración do Foro, afondou na importancia que os vertixinosos cambios están a producir nos ámbitos cinematográficos coa irrupción dos sistemas dixitais, afirmando que esta foi unha das razóns que levou á Academia a organizar estes Encontros, este Foro no que profesionais de recoñecido prestixio compartirán as súas experiencias. Rematou agradecendo a participación e colaboración das distintas entidades devanditas, valorando moi positivamente estas achegas tan necesarias no proceso de formación dos profesionais do audiovisual galego, así como tamén agradeceu ós profesionais que participan nas distintas Mesas, as súas importantes intervencións que, a bo seguro, contribuirán a enriquecer os coñecementos de tódol@s asistentes.

O Programa: os directores de fotografía, debaten pola mañá

Ante o desenvolvemento vertixinoso que nos últimos anos se produce nos sistemas dixitais de captación, faise preciso coidar a calidade da imaxe que estes crean. Velaí a razón pola que lles atinxe ós directores de Fotografía a análise e avaliación destas imaxes de cara á realización de películas, series, documentais e demais produtos audiovisuais.

As probas que os directores de fotografía realizan serán por unha parte, sobre condicións técnicas das cámaras como son a resolución, a profundidade de cor, sensibilidade, etc., e doutra, as consideracións artísticas a ter en conta, como as probas de maquillaxe, vestiario ou texturas. Nesta mesa, participan algúns directores de fotografía de recoñecido prestixio dentro do mundo dixital, e correrá da súa man o comprender cómo se realizan as probas, a avaliación das distintas cámaras, e os sistemas de posprodución máis axeitados. Para iso, non só comentarán cos perto de 100 asistentes as súas experiencias profesionais, senón que ademais amosarán parte dos traballos de probas que levan realizado.

Os profesionais que imparten o Foro

Directores de fotografía como Pol Torrents, Joan Riedweg ou Suso Bello, participarán neste Programa, coordinados polo tamén director de fotografía Alfonso Parra. Ferrán Piquer, da produtora Molinare e Chema Remasa de Kinema, Juanjo Carretero, de Fotofilm/Deluxe, Bernard Elías, director de produción de Mediapro, Nuria Paniagua de Info TV (membro da Directiva de AITE), ou Javier Alonso, de Distribución e Exhibición de Google Vídeo, son tamén parte do elenco de profesionais que impartirán as Sesións ó longo dos dous días de duración do Foro, e que se completa con Xavier Eiriz, director de produción; Guillermo Represa, montador; Miguel Asensio, produtor executivo, José Alberto, de Sonido Área 5.1, e Susana Maceiras, produtora de Adivina Producciones.

Os contidos da xornada pola tarde

Dende as 16:00 hs e ata as 20:00 hs, esta Mesa amosará cómo se desenvolve o proceso fotográfico dixital na posprodución. Esta Mesa, que será moderada por Alfonso Parra, tratará sobre a posprodución dixital e o laboratorio dixital, con Juanjo Carretero. Sen dúbida, as partes da produción cinematográfica que están vivindo unha gran transformación, son os laboratorios e as empresas de posproducción. Tanto o intermediate dixital (DI) como os efectos dixitais cada vez máis empregados en todo tipo de películas, foron acelerando os cambios a entornos estrictamente dixitais dos traballos de posprodución, Para falar de todos estes cambios, a Mesa conta con expertos que desenvolven os seus traballos en empresas como Molinare, Deluxe ou Apuntolapospo. Eles irán conversando cos asistentes sobre qué significan estes cambios tanto no ámbito da calidade de imaxe, como os investimentos a realizar e as previsións para os vindeiros anos.

Parte das cuestións que se desenvolverán neste encontro son: qué é e cómo funciona o laboratorio dixital: procesos e necesidades; a relación do laboratorio dixital co analóxico tradicional; as tendencias (2K, 4K, sistemas de almacenamento, formatos de arquivos ¿hai estándares?, etc…); o etalonaxe dixital: necesidades, ferramentas, procesos, e sistemas de traballo; a composición en 2D e 3D, ferramentas, a necesidade de rodaxe e de laboratorio, a profundidade da cór, a resolución, e os monitores e proxectores dixitais.

A xornada do día 1 pola mañá

A xornada deste día comezará cunha Mesa Redonda na que se tratará sobre A cinematografía dixital: situación actual e previsións de futuro.

Nesta Mesa, están representados cáseque tódolos que dun xeito ou outro, traballan en entornos dixitais, e pretende clarificar as relacións entre os distintos sectores. Así, na mesa están representadas a AITE, empresas de posprodución como Kinema, ou de aluguer de cámaras, como Infototv; produtores de empresas como Mediapro, directores e directores de fotografía, así como distribuidores de contidos de vídeo.

Conversar sobre as necesidades que cada unha das partes ten, e que espera cada un dos soportes dixitais cos seus acelerados cambios de formato, estándares, etc.., e cál é a pespectiva para os vindeiros anos –especialmente nos ámbitos de exhibición e captación de imaxe-, será obxecto desta Mesa ó longo da mañá do 1 de decembro.

Estarán na Mesa: o director de Fotografía, Alfonso Parra (a.e.c.) (moderador), o Director de Fotografía, Paul Torrents, o Realizador e produtor, Joan Riedweg, de Posprodución Dixital, Chema Remacha, de Kinema; o Produtor/Distribuidor, Bernard Elías, de Mediapro; e Empresas Audiovisuais, Nuria Paniagua InfoTV (Membro da xunta directiva de AITE ) e
Distribución/Exhibición, Javier Alonso de Google/ Vídeo.

E na tarde…

Nesta mesa da tarde, preténdese propoñer ós asistentes un diálogo sobre a situación dos entornos dixitais en Galicia. Cómo se está desenvolvento o traballo de produtores, directores e posprodutores, vendo os obstáculos e vantaxes que poden atopar neste sempre cambiante mundo dixital, así como as perspectivas de futuro que se abren con esta tecnoloxía.

Nesta Mesa, estarán representados os ámbitos da fotografía, a produción, a dirección, o son e a posprodución, a cargo de recoñecidos profesionais do medio audiovisual galego, como Suso Bello, Director de Fotografía, Xavier Eiriz, Dtor de produción, Guillermo Represa. Montador
Miguel Asensio, Produción executiva, José Alberto, Sonido Área 5.1 e
Susana Maceiras, Produtora Adivina Producciones.

Categoría: Noticias
Etiquetas: