Pedro Martín, director de proxectos e desenvolvemento de Audiovisual SGR, estará o vindeiro martes 29 de abril no Máster en Produción e Xestión Audiovisual (MPXA), título propio da Universidade da Coruña que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, para impartir o foro “O finanzamento no sector audiovisual. As sociedades de garantía recíproca”. Durante o encontro, Martín explicará o modelo de explotación da obra audiovisual e de contabilización.

O director de proxectos de Audiovisual SGR tamén fará unha análise da situación do sector audiovisual atendendo ás dificultades de finanzamento e aos cambios nos modelos orzamentarios no sistema de riscos mundial. Ademais, abordará cun caso práctico a análise de viabilidade empresarial que fai Audiovisual SGR para as diferentes productoras e explicará o funcionamiento desta entidade pública.

Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, Martín foi responsable de control de xestión de produción e distribución de cine de Sogecable e responsable de royalties na empresa Sogepaq.