PECHADO O PRAZO DE INSCRICIÓN DE A TODA MECHA

21 / 07 / 2008

O concurso A Toda Mecha do IV Festival On&Off de Ribadeo pechou o seu prazo de inscrición con grande éxito de participación. O perfil requerido era o de rapaces que buscaran un novo xeito de experimentar, xa que o concurso se basea na realización dunha curtametraxe no prazo máximo de 75 horas. Preprodución, gravación e montaxe nun tempo record, onde Ribadeo se convertirá un ano máis nun referente audiovisual.
Os participantes seleccionados proceden de diferentes rincóns de España e a organización do Festival, a cargo de Mr Misto Films coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e da Axencia Audiovisual Galega, porá a disposición todos os elementos necesarios para o bo fin dos proxectos.

Categoría: Noticias
Etiquetas: