O Centro Galego de Artes da Imaxe presenta hoxe mércores día 5 de xuño (20.30 horas), dentro da sección de estreas Fóra de Serie, o filme arxentino-suizo gañador no Festival de Locarno 2011, Abrir puertas y ventanas de Milagros Mumenthaler. A propia Milagros Mumenthaler presentará o filme e terá un encontro co público asistente. A entrada é de balde.  

ABRIR PUERTAS Y VENTANAS  
(Arxentina-Suíza, 2012)
Dirección e guión: Milagros Mumenthaler. Fotografía: Martín Frías. Intérpretes: María Canale, Martina Juncadella. Duración: 100 minutos.
Filme familiar a modo de relato de iniciación, conta a historia de tres irmás mozas, soas na casa familiar tras a morte da avoa que as criou, nun verán que transcorre especialmente caloroso. A distinta expresión do íntimo nun título maxistral, delicado e emotivo, gañador en Locarno 2011, opera prima da súa autora, presente no CGAI.