Camilo Cavalcante -A história da eternidade-, Alexandre Powelz -Ohne dich- e Nabil Asli actor de Le preuve- tiveron un encontro aberto coa prensa para conversar sobre as súas obras esta mesma mañá. Camilo falou da falta de amor, de desexos e de soños, principais liñas arredor das que se desenvolve o seu filme. A história da eternidade é unha metáfora da alma humana, na que as relacións aparecen de forma franca e directa. Protagonizan esta traxedia que fabula sobre os soños tres mulleres de diferentes idades con conceptos de vida limitados. O director decidiu facer esta longametraxe con protagonistas femininas “pola violencia que a sociedade brasileña amosa todavía contra elas”. Ademais, destacou que na súa opinión “son elas as que teñen a iniciativa para o amor e as que teñen a decisión para abrir e pechar as portas para o home na sociedade brasileña”.

A presenza das mulleres como parte da trama argumental está presente nestes tres filmes da Competición Oficial do 19OUFF. Alexandre Powelz -Onhe dich-, subliñou que tivo moi claro dende o principio que quería facer unha película que falase de mulleres porque “elas sempre teñen miles de recursos para saír dunha situación complicada, a diferencia dos homes que se conforman ca solución máis sinxela”. Comentou como “en Alemaña, dende fóra tedes a opinión de que somos sociedade moi aberta e igualitaria pero alí, entre homes e mulleres, son elas as que teñen que escoller entre adicarse á vida familiar ou á vida laboral. Moitas retrásano constantemente por presións sociais e e esa é a causa de que asociedade alemana esté avellentada.”

Nabil Asli -actor de La preuve- destacou que o leit motiv do filme, a esterilidade masculina, é un tema que en Alxeria non se pode tratar sen tapuxos na rúa proque “non se fala dun xeito aberto de non ter fillos, soamente o fai en privado a xente que se atopa nesa situación”. É unha película “moi humana na que se reflicte como as personas poden chegar a sentirse soas en determinados momentos a pesares de estar rodeadas de xente”.

 

Difucultades actuais para facer cine

Camilo, Alexander e Nabil expuxeron sobre a mesa os actuais problemas que en cada un dos seus países de procedencia se atopan para conseguir levar os seus proxectos a cabo. Cavalcante contou que pasaron trece anos dende que xurdiu a idea para a película ata que conseguiu tódolos recursos para grabala, “con moita paciencia e persistencia como clave para conseguilo”.

A distribución da película tamén se converte nunha das tarefas máis complicadas. Powelz comentou que tardou tres anos en conseguir financiamento para a súa película, cuxa idea xurdiu en 2009, e a pesares de ser un filme de baixo orzamento, tivo a sorte de contar con excelentes profesionais implicados no traballo que permitiron que esta idea salise adiante.

 

Nabil Asli, a pesares de ser actor e non director, fixo fincapé en que no seu país de procedencia, Alxeria, a principal dificultade tamén é a financiación e que hai que centrar os esforzos na recepción da temática do filme para a xente. Neste caso, tamén a distribución é complicada, xa que estamos a falar dun país con “poucas salas de cine e hai moitos temas vetados”.

 

Máis información sobre os filmes e proxeccións en www.ouff.org