A Academia segue coas proxeccións das curtas nominadas nos IV Premis Gaudí hoxe mércores, 1 de febreiro, ás 19.00 horas, no Centro de Desenvolvemento Novacaixagalicia (Avenida Pontevedra 9).

Poderedes ver Ahora no puedo, de Roser Aguilar; El barco pirata, de Fernando Trullols; Odysseus´Gambit (El sacrifici de l´Ulisses), de Álex Lora; e El somriure amagat, de Ventura Durall.

A entrada é libre.