Do 2 ao 10 de novembro celebrarase en Ourense un Ciclo de Cine e Conferencias de temática Ambiental-Social, organizado pola Asociación Medioambiental e Universitaria Syme e o vicerrectorado da Universidade de Vigo no Campus de Ourense. As sesións terán lugar no Salón Multiusos do Edificio de Ferro.

Durante o ciclo, poderanse visionar películas de ficción de temática social ou medioambiental como Erin Brokovich, La búsqueda de la felicidad ou Los Simpson: la película, e documentais como Baraka, Una verdad incómoda, Territorio de abejas, paisaje de hombres, La última hora ou El mar de silencio. Ademais, o programa inclúe a participación de numerosos poñentes. A matrícula está aberta ata o 31 de outubro. O prezo é de 15 euros para o público en xeral, 6 euros para alumnos da Universidade e parados, e gratuíto para socios de Syme.