O 16OUFF CONSEGUIU LEVAR MAIOR NÚMERO DE PÚBLICO ÁS SALAS

10 / 11 / 2011

A presidenta do Consorcio para o Festival de Cine e concelleira de Cultura, Isabel Pérez, compareceu esta mañá para facer balanzo da decimosexta edición do OUFF, celebrada do 14 ao 23 de outubro pasados. “Ao comezo deste Festival fixámonos un obxectivo, unha apelación directa ao espectador: Tócache! E á vista dos datos”, afirmou Pérez, “podemos dicir que Ourense deu un paso á fronte e converteu esta edición na de maior número de espectadores de todas elas”. Non en van, os case 10.000 espectadores* que pasaron polas billeteiras dos diferentes espazos expositivos supoñen un incremento do 16% respecto á pasada edición.

A expectación xenerada pola boa selección de películas do 16OUFF fala por si soa con datos coma estes: as sesións de longametraxe superaron, de media, o 75% do aforo, seguido moi de preto polas sesións de curtametraxes. No tocante aos ciclos, cómpre destacar a excelente acollida do de Comedia, con salas ateigadas, “o que garante a súa continuidade en vindeiras edicións”, confirmou Isabel Pérez. A apertura do Museo Municipal ás sesións de Novos Medias garantiu, pola súa banda, achegar este formato a moitos máis espectadores, mentres que a complicidade (temática e emocional) das sesións especiais coia cidade de Ourense posibilitaron unha entrada notable no Teatro Principal. A única mingua no número de espectadores detectouse na gala do OUff Escola. Porén, a presidenta do Festival quixo destacar a presenza dos centros e, sobre todo, “dos docentes nestes momentos difíciles para as actividades extraescolares”.

A percepción que sobre o Festival tivo a cidade (cartelería, recursos gráficos, puntos de información..) tamén tivo o seu reflexo na rede. A páxina web www.ouff.org contou cunha media de 6.350 visitas diarias, onde toda esa xente que non estaba fisicamente en Ourense puideron atopar recomendacións diarias e todo tipo de recursos ao alcance do usuario (catálogo, fichas, tráilers das películas…). Por outro lado, as contas de Facebook e Twitter mantiveron en vilo o interese dos usuarios, así como a creación de dous blogs cunha ollada diferente, e que superaron o milleiro de visitas.

“Na parte da autocrítica,  somos conscientes de que aínda hai cousas que se poden pulir e mellorar, tanto técnicas como organizativas, así que lle solicitamos a quen as sufriu a súa complicidade”, afirmou Pérez. O Festival traballa decote para que máis xente disfrute do audiovisual en mellores condicións e que nos permita amosar as nosas potencialidades como evento embaixador da cidade e do país. tócanos saber como establecer que o Festival de Cine sexa unha cita prioritaria na cidade de Ourense, en Galicia, no panorama audiovisual estatal. Saber facer ver o valor desta cita en moitos aspectos da vida da cidade: na Cultura, en primeiro e preminente lugar. Tamén na economía, por medio do turismo. E tamén no intercambio, amosar as nosas potencialidades para que o Festival de Cine sexa embaixador da cidade e do país alá por onde se faga presente.
En calquera caso, Isabel Pérez finalizou coa satisfacción e a tranquilidade do traballo ben feito, pero sobre todo pola resposta cidadá. “Os seus responsables”, dixo, “temos que atender a súa demanda con humildade e responsabilidade”.

Agradecementos
Sempre supeditado á excelente resposta do público, a programación confeccionada por un equipo humano merece unha mención especial. Porque en ausencia de recursos (económicos) que nos permitirían ter un festival de primeira calidade nesta cidade, encargouse de sacar o traballo adiante demostrando unha boa compenetración como equipo e unha entrega pouco recoñecida. Aquí están as vinte unha persoas da equipa que lidiaron con todos os aspectos dun festival de cine, pero tamén  aos cineastas de 97 países, por confiar en nós enviándonos as súas películas, aos visionadores que analizaron 1.984 filmes e fixeron a preselección, ao Comité de Programación, aos xurados e convidados que compartiron connosco os días do festival, aos xornalistas, patrocinadores, colaboradores, ao persoal do Auditorio, Cinebox, Principal e Museo Municipal, en fin, a todos os que fixeron posible que Ourense fose unha vez máis unha «cidade de cinema».

v\:* {behavior:url(#default#VML);} o\:* {behavior:url(#default#VML);} w\:* {behavior:url(#default#VML);} .shape {behavior:url(#default#VML);} Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4 /* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso-style-name:»Tabla normal»; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-parent:»»; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:»Times New Roman»; mso-ansi-language:#0400; mso-fareast-language:#0400; mso-bidi-language:#0400;}

Categoría: Noticias
Etiquetas: